Star Wars: The Rise of Skywalker (tamén coñecido como Star Wars: Episode IX – The Rise of Skywalker) é un filme estadounidense de 2019 producido, coescrito e dirixido J. J. Abrams. É o terceiro filme da triloxía secuela da Guerra das galaxias, despois de The Force Awakens (2015) e The Last Jedi (2017), e o episodio final da "saga Skywalker". Foi producido por Lucasfilm e a compañía de Abrams, Bad Robot Productions, e foi distribuído por Walt Disney Studios Motion Pictures. O elenco está composto por Carrie Fisher, Mark Hamill, Adam Driver, Daisy Ridley, John Boyega, Oscar Isaac, Anthony Daniels, Kelly Marie Tran, Naomi Ackie, Domhnall Gleeson, Richard E. Grant, Lupita Nyong'o, Keri Russell, Joonas Suotamo, Ian McDiarmid e Billy Dee Williams.

Personaxes Carrie Fisher como Leia Organa, xeneral da Resistancia sensible á Forza, viúva de Han Solo, nai de Ben Solo, irmá xemelga de Luke Skywalker e filla de Darth Vader. Fisher, que morreu a finais de 2016, aparece grazas ó uso de material rodado sen empregar de The Force Awakens. Por mor do seu pasamento, Fisher non estivo presente na maioría dos materiais promocionais e mercadotecnia do filme. Mark Hamill como Luke Skywalker, o derradeiro Mestre Jedi e tío materno de Kylo Ren, que se converteu nun coa Forza en The Last Jedi Adam Driver como Ben Solo / Kylo Ren, o Líder Supremo da Primeira Orde. É o fillo de Leia Organa e Han Solo, o sobriño de Luke Skywalker e o neto de Darth Vader. Daisy Ridley como Rey unha antiga cacharreira de Jakku, membro da Resistancia, derradeira Jedi e aprendiz de Luke Skywalker e Leia Organa Cailey Fleming e Josefine Irrera Jackson como Rey de nena John Boyega como Finn, un membro da Resistancia e antigo soldado (FN-2187) que desertou da Primeira Orde. Oscar Isaac como Poe Dameron, un piloto de alto rango do X-wing, comandante da Resistancia que despois herda o rango de Xeneral de Leia. Anthony Daniels como C-3PO, un droide humanoide de protocolo ó servizo da Xeneral Leia Organa. Daniels é o único actor que apareceu en tódolos episodios da saga. Naomi Ackie como Jannah, antiga soldado da Primeira Orde que vive no planeta Kef Bir e que axuda á Resistancia. Domhnall Gleeson como Xeneral Hux, o segundo ó mando da Primeira Orde. Richard E. Grant como Xeneral Pryde, xeneral de alto rango da Primeira Orde, quen anteriormente serviu no Imperio Galáctico. Lupita Nyong'o como Maz Kanata, unha antiga pirata espacial e aliada da Resistencia. Keri Russell como Zorii Bliss, e vella coñecida de Poe en Kijimi. Joonas Suotamo como Chewbacca, un Wookiee e primeiro compañeiro do Falcón Milenario e amigo de Han Solo. O actor orixinal, Peter Mayhew morreu dun ataque ó corazón durante a posprodución, e o filme está adicado na súa memoria. Kelly Marie Tran como Rose Tico, unha mecánica da Resistencia e amiga de Finn. Ian McDiarmid como Palpatine, o Señor Escuro dos Sith e antigo emperador da galaxix que foi asasinado polo redimido Anakin Skywalker en O retorno do Jedi. Despois de regresar por habilidades "non naturais" da Forza, descóbrese que é o avó paterno de Rey. Billy Dee Williams como Lando Calrissian, un veterano da Alianza Rebelde, membro orixinal do Falcón Milenario e vello amigo de Chewbacca, Leia, Luke e Han. Williams regresou á franquía cinematográfica A guerra das galaxias por primeira vez dende O retorno do Jedi.

Notas

Referencias

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en Metacritic Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por J. J. Abrams Categoría:Filmes con banda sonora de John Williams Categoría:Filmes de guerra e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Lucasfilm Categoría:Filmes rodados en Buckinghamshire Categoría:Filmes rodados en Xordania Categoría:Filmes de Pinewood Studios Categoría:Filmes producidos por J. J. Abrams Categoría:Filmes de Bad Robot Productions Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX