June Dalziel Almeida, nada en Glasgow o 5 de outubro de 1930 e finada en Bexhill o 1 de decembro de 2007, foi unha viróloga escocesa que, con pouca educación formal, se converteuse en Doutora en Ciencias e pioneira na identificación, diagnóstico e obtención de imaxes de virus. Descubriu un novo tipo de coronavirus. Publicou o Manual for rapid laboratory viral diagnosis en 1979.
Traxectoria June Dalziel Hart deixou a escola aos 16 anos para traballar como técnica de histopatoloxía no Glasgow Royal Infirmary. Logo mudouse ao Hospital St. Bartholomew para continuar a súa carreira.
O 11 de decembro de 1954 casou con Enrique Rosalio Almeida, un artista venezolano co que tivo unha filla, Joyce. Mudáronse ao Canadá onde traballou no Instituto de Cancro de Ontario en microscopia electrónica. A pesar de ter poucas cualificacións formais foi promovida de acordo coas súas habilidades. As publicacións acreditárona polo seu traballo na identificación da estrutura viral. As súas habilidades foron recoñecidas por A. P. Waterson, entón profesor de microbioloxía na Escola de Medicina do Hospital de St Thomas, quen a persuadiu de volver a Inglaterra para traballar no hospital. Desenvolveu un método para visualizar mellor os virus utilizando anticorpos para agregalos. Traballou co virus da hepatite B e os virus do arrefriado.J. E. Banatvala, 'Almeida , June Dalziel (1930–2007)', Oxford Dictionary of National Biography, Oxford University Press, 2011 consultado 18 outubro 2012
Almeida produciu as primeiras imaxes do virus da rubéola. David Tyrrell e Almeida traballaron na caracterización dun novo tipo de coronavirus. Esta familia inclúe o virus do SARS e o virus do SARS-CoV2 que causa o COVID-19.
Almeida seguiu a Waterson á Escola de Medicina de Posgrao en Londres, onde as súas contribucións aos artigos foron recoñecidas co seu premio de Doutoramento. Terminou a súa carreira no Instituto Wellcome. Mentres traballaba para Wellcome foi nomeada en varias patentes no campo dos virus de imaxe.Almeida, June Dalziel , patents, consultado outubro 2012 En 1970 Albert Kapikian pasou seis meses no Reino Unido onde, por suxestión do seu xefe, estudou as técnicas de Almeida. De volta nos Estados Unidos usou estas técnicas para identificar unha causa de gastroenterite non bacteriana - ou virus de Norwalk.
Almeida deixou Wellcome e empezou a ensinar ioga pero volveu nun papel de asesora a finais dos 80 cando axudou a tomar fotos novas do virus do VIH. Publicou o Manual for rapid laboratory viral diagnosis en 1979 para a Organización Mundial da Saúde.
Almeida morreu en Bexhill dun ataque ao corazón en 2007
Legado e coronavirus Despois da pandemia por coronavirus de 2019-20, a súa investigación volveu chamar a atención. A BBC describiu a Almedia como "a muller que descubriu o primeiro coronavirus". O profesor Hugh Pennington sinalou que os chineses utilizaran as súas técnicas para identificar COVID-19 e o seu traballo axudara á identificación temperá.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Coronavirus
Categoría:Finados en 2007 Categoría:Nados en 1930 Categoría:Biólogos de Escocia Categoría:Nados en Glasgow Categoría:Científicos de Escocia