miniatura|320x320px|Billete dun millón de coroas húngaras de 1923 Os billetes da coroa húngara son o papel moeda emitido polo Reino de Hungría con posterioridade á I Guerra Mundial, no sistema monetario da coroa húngara, ata a introdución do pengő como nova moeda nacional en 1927. A variedade de billetes e de notas do Tesouro, así como a das autoridades emisoras, reflicte a caótica situación do país na posguerra.

O primeiro papel moeda do Reino de Hungría era unha serie de 1, 2, 25 e 200 coroas, similares aos emitidos en Viena desde a fin da guerra. Inicialmente, limitábase a validez deste diñeiro a Austria e a Hungría, aínda que Austria considerou que os billetes húngaros eran demasiado doados de falsificar. Máis tarde, como en Hungría non había un banco nacional, o Magyar Postatakarékpénztár ("Banco Postal de Aforro de Hungría") recibiu o permiso para emitir billetes de 5, 10 e 20 coroas. Pola súa banda, a sobreestampaxe de billetes do anterior Banco Austrohúngaro non comezou ata 1920, o que o converteu no derradeiro dos países xurdidos do Imperio en botar man desta práctica. E finalmente, instituíuse o Banco Real do Estado Húngaro, que recibiu o dereito de emitir billetes do Tesouro."Korona (1892-1925)". Papirpenz.hu

Billetes do Banco Austrohúngaro (1919) O Oesterreichisch-ungarische Bank / Osztrák-magyar Bank ("Banco Austrohúngaro") era a institución da que a monarquía do Imperio Austrohúngaro se valera para imprimir en exclusiva os billetes imperiais. Os billetes imprimíanse en Viena, e desde alí subministrábanselle a Hungría. Mais durante a guerra, o secretario xeral da institución en Viena suspendeu deliberadamente a subministración de papel moeda a Hungría.Cuhaj G. S. (2008). Páxinas 682-683.Rádóczy, G. (1984). Páxinas 46,47,52, 62-64.

Finalizada a I Guerra Mundial, o Goberno de Hungría dirixido por Károlyi solicitoulle ao banco conxunto que lle entregase a Hungría as pranchas de impresión e o papel especial para billetes, xa que sería demasiado perigoso o traslado dos billetes xa fabricados, por mor da incerteza política. Os billetes producidos en Budapest con estas pranchas, con valores de 1, 2, 25 e 200 coroas, primeiro baixo o goberno de Károlyi e logo na República Soviética, son idénticos aos emitidos polo Imperio e aos que continuaba a imprimir Austria, aínda que se recoñecen por teren uns números de serie característicos (1 e 2 coroas: superior a 7.000; 25 coroas: superior a 3.000; e 200 coroas: superior a 2.000). Logo da caída da República Soviética, Viena pasou a considerar estes billetes como falsos..

Billetes do Banco AustrohúngaroImaxeValor nominalDimensiónsDescriciónDatasAnversoReversoAnversoReversoEmisiónRetirada78x78px78x78px1 coroa112 × 67 mmArquitectura clásicaCabeza frixia30-IV-191914-III-192286x86px86x86px2 coroas123 × 83 mmModelos femininosModelos femininos25-V-191931-XII-192295x95px95x95px25 coroas135 × 80 mmModelo femininoLiso ou padrón ondulado25-IV-191911-XI-1920117x117px117x117px200 coroas167 × 99 mmModelo femininoLiso ou padrón ondulado20-V-191911-XI-1920

Billetes do Banco Postal de Aforro (1919) Meses máis tarde, no mesmo 1919, emitíronse os billetes do Banco Postal de Aforro (Postatakarékpénztári jegy) conforme un decreto do Consello de Goberno Revolucionario da República Soviética, que naquel momento funcionaba como banco autorizado en exclusiva polo Estado para a emisión de papel moeda. Os billetes dos valores superiores que foran emitidos con anterioridade polo Banco Austrohúngaro foron depositados á par para evitar a inflación.Rádóczy, G. (1984).. Páxinas 55, 58 e 60.Cuhaj G. S. (2008). Páxina 684.

Billetes do Banco Postal de AforroImaxeValor nominalDimensiónsDescriciónDatasAnversoReversoAnversoReversoEmisiónRetirada92x92px92x92px5 coroas132 × 80 mmModelo masculinoA MAGYAR POSTATAKARÉKPÉNZTÁR PÉNZJEGYE6-VI-191928-I-192398x98px98x98px10 coroas140 × 88 mmCabeza frixiaValor23-VII-191928-I-1923102x102px102x102px20 coroas145 × 90 mmCabeza frixiaValor en varias linguas23-VII-191928-I-1923118x118px118x118px100 coroas168 × 120 mmModelo masculinoValor en varias linguasNon emitido-140x140px140x140px1.000 coroas200 × 134 mmComposición alegóricaValor en varias linguasNon emitido-

Billetes sobreestampados do Banco Austrohúngaro (1920) Hungría foi o derradeiro dos novos estados en sobreestampar os anteriores billetes do Imperio Austrohúngaro, para os dotar validez no seu territorio. O goberno de Károlyi planeara comezar a reestampaxe o 21 de marzo de 1919, mais o establecemento da República Soviética modificou o calendario previsto e pospuxo os plans. Finalmente, os billetes (con valores faciais desde as 10 ás 10.000 coroas) comezaron a reestamparse o 18 de marzo de 1920. O motivo co que Hungría reestampou estes billetes consistiu nun selo redondo de cor vermella.Cuhaj G. S. (2008). Páxinas 683-684.Rádóczy, G. (1984). 20, 26, 27, 42, 44, 46, 48, 49, 51, 52, 54, 55, 57, 58 e 62-64

Billetes sobreestampados do Banco AustrohúngaroImaxeValor nominalDimensiónsDescriciónDatasAnversoReversoEmisiónRetirada147x147px10 coroas150 × 79 mmModelo infantilModelo infantil24-VII-191631-I-1924164x164px20 coroas150 × 89 mmModelo femininoModelo feminino28-X-191831-I-1924135x135px25 coroas135 × 80 mmModelo femininoLiso ou padrón ondulado25-IV-191911-XI-1920166x166px50 coroas162 × 100 mmModelo femininoModelo feminino18-XII-191631-I-1924181x181px100 coroas163 × 107 mmModelo femininoModelo feminino13XII-191230-IX-1922135x135px200 coroasModelo feminino179x179px1.000 coroas191 × 127 mmModelo femininoModelo feminino2-I-190331-VIII-1921182x182px10.000 coroas191 × 127 mmModelo femininoModelo feminino19-XII-19185-VI-1921

Billetes estatais (1921-1924) E finalmente, en 1921 comezaron a emitirse novos billetes estatais. O seu deseñador foi Ferenc Helbing e comezaron a imprimirse en Suíza, na compañía Orell Füssli, de Zürich (excepto os de baixo valor facial, que requirían menor calidade por non correr tanto risco de falsificación) e máis tarde pasaron a ser producidos na propia Hungría por unha compañía fundada para o efecto, a Magyar Pénzjegynyomda Rt. ("Compañía de Impresión de Billetes"), en Budapest.Rádóczy, G. (1984). Páxinas 22-23. O tamaño dos billetes aumentaba conforme os seus valores nominais ían ascendendo, o que motivou que as prensas tivesen que ser modificadas, para asumiren os novos tamaños. A partir de 1923 comezaron a emitirse billetes de menor tamaño e cos mesmos deseños ou, nalgúns casos, con lixeiras modificacións. Os billetes estatais emitíronse con valores de 1, 2, 10, 20, 50, 100, 500. 1.000, 5.000, 10.000, 25.000, 50.000, 100.000, 500.000 e 1.000.000 coroas húngaras, entre maio de 1921 e xuño de 1924.Rádóczy, G. (1984). Páxinas 39-46.Cuhaj G. S. (2008). Páxinas 685-688.

Serie de valores baixosImaxeValor nominalDimensiónsDescriciónDatasAnversoReversoAnversoReversoEmisiónRetirada90x90px90x90px1 coroa129 × 65 mmModelo FemininoValor en 6 idiomas11-VII-192130-VI-192792x92px92x92px2 coroas131 × 76 mmLabrego apañando trigo94x94px95x95px10 coroas135 × 79 mmPonte das cadeas100x100px100x100px20 coroas143 × 84 mmCastelo de BudaSerie de tamaño grandeImaxeValor facialDimensiónsDescriciónDatasAnversoReversoAnversoReversoEmisiónRetirada105x105px105x105px50 coroas150 × 95 mmFrancisco II RákócziValor en 6 linguas11-VII-192130-VI-1927109x109px109x109px100 coroas155 × 100 mmRei Matías9-V-192131-VII-1926119x119px119x119px500 coroas170 × 110 mmPríncipe Árpád135x135px135x135px1.000 coroas193 × 125 mmRei San Estevo144x144px144x144px5.000 coroas205 × 135 mmHunnia148x148px148x148px10.000 coroas211 × 144 mmPATRONA HUNGARIAE149x149px149x149px25.000 coroas213 × 147 mmPATRONA HUNGARIAE6-IX-1922Serie de tamaño reducidoImaxeValor nominalDimensiónsDescriciónDatasAnversoReversoAnversoReversoEmisiónRetirada83x83px83x83px100 coroas119 × 72 mmRei MatíasValor en 6 linguas18-III-192430-VI-192790x90px90x90px500 coroas128 × 74 mmPríncipe Árpád20-VI-192495x95px95x95px1.000 coroas136 × 78 mmRei San Estevo1-IX-192397x97px97x97px5.000 coroas139 × 83 mmHunnia18-III-1924102x102px102x102px10.000 coroas145 × 88 mmPATRONA HUNGARIAE18-III-1924102x102px102x102px25.000 coroas145 × 98 mmRei San Ladislau19-V-1924116x116px116x116px50.000 coroas165 × 105 mmModelo feminino16-VII-1923116x116px116x116px100.000 coroas165 × 105 mmModelo feminino30-VII-1923130x130px130x130px500.000 coroas185 × 85 mmModelo feminino23-II-192430-VI-1928130x130px130x130px1.000.000 coroas185 × 85 mmModelo feminino31-III-1924

Despois do 25 de agosto de 1926, os billetes de 1.000 coroas e superiores foron reselados para amosaren o valor en pengős, a nova moeda.

Billetes estatais co valor en pengő sobreimpreso1.000 coroas8 fillér5.000 coroas40 fillér10.000 coroas80 fillér25.000 coroas2 pengő160x160px160x160px160x160px160x160px50.000 coroas4 pengő100.000 coroas8 pengő500.000 coroas40 pengő1.000.000 coroas80 pengő160x160px

Marcas de impresor nos billetes estatais

Billetes de valor nominal baixo (de 1 a 20 coroas, impresos en 1920): carecen de marca (impresos en Budapest en diferentes compañías). Billetes de tamaño grande (de 50 a 25.000 coroas, impresos en 1920 e 1922): ORELL FÜSSLI ZÜRICH. Billetes de tamaño grande (de 100 a 1.000.000 coroas, impresos en 1923 e 1924): ou ben ORELL FÜSSLI ZÜRICH, ou ben "Magyar Pénzjegynyomda Rt. Budapest." ou ben sen marca ningunha (impresos tamén pola Magyar Pénzjegynyomda Rt.). Billetes de gran e de peuqeno tamaño (de 50 a 1.000.000 coras): ou ben T. W. ou ben W ou ben T. WILLI, iniciais de Traugott Willi, o nome do inventor da técnica coñecida como photo guilloche, utilizada para a impresión destes billetes, coñecido polos seus deseños de billetes suízos producidos pola compañía Orell Füssli, de Zürich."Third banknote series (1918) ". Banque nationale suisse.

Marcas de impresor nos billetes estatais240x240pxORELL FÜSSLI ZÜRICH240x240pxMagyar Pénzjegynyomda Rt. Budapest.240x240pxT. W.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Coroa (moeda) Coroa húngara Reino de Hungría

Bibliografía Cuhaj G. S. (2008). Standard Catalog of World Paper Money. General Issues 1368-1960. Krause Publications. ISBN 978-0-89689-730-4 Leányfalusi, H.; Nagy, A. (2006). A korona-fillér pénzrendszer - Magyarország fém- és papírpénzei 1892-1925. Magyar Éremgyűjtők Egyesülete. Budapest. ISBN 963-229-523-4 Rádóczy, G. (1984). A legújabb kori magyar pénzek (1892-1981). Budapest. Corvina. ISBN 963-13-1528-2 Rádóczy, G.; Tasnádi, C.. (1992). Magyar papírpénzek 1848-1992. Danubius Kódex Kiadói Kft. ISBN 963-7434-11-9

Ligazóns externas Carálogo de billetes de Hungría (Papírpénz) Catáligo de Billetes de Hungría (Ron Wise World Paper Money)

Categoría:Coroa (moeda) Categoría:Billetes Categoría:Moedas de Hungría Categoría:Moedas fóra de curso