A noosfera é un concepto filosófico desenvolto e popularizado polo filósofo e xesuíta francés Pierre Teilhard de Chardin e o bioxeoquímico ucraíno Vladimir Vernadsky.Vladimir Ivanovich Vernadsky Vernadsky definiu a noosfera como un novo estado da biosfera, describindoo como a "esfera planetaria da mente". A noosfera representa o nivel superior do desenvolvemento da biosfera, sendo o seu factor definitorio o desenvolvemento das actividades racionais da humanidade. O termo deriva dos vocablos gregos noos (νόος ), mente, e esfera (σφαῖρα), de xeito análogo a biosfera, atmosfera ou litosfera.

As concepcións de Vernadsky e Pierre Teilhard de Chardin de noosfera, aínda que relacionadas, eran claramente diferentes, baseándose o primeiro nas ciencias xeolóxicas e o segundo na teoloxía. Ambos conceptos comparten a tese común de que a humanidade e a tecnoloxía deron orixe e continúan a crear o último nivel na evolución planetaria. Autores posteriores, principalmente de orixe rusa, desenvolveron o concepto de noosfera de Vernadsky, creando o concepto relacionado de noocenose.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Vernadsky, Vladimir Ivanovich. La biosfera, A.Machado Libros, S.A. 1997.

Samson, Paul R. The Biosphere and Noosphere Reader: Global Environment, Society and Change. Routledge, 1999.

Outros artigos Hipótese Gaia

Ligazóns externas

Categoría:Terra Categoría:Historia da ciencia Categoría:Conceptos filosóficos Categoría:Filosofía da ciencia Categoría:Teorías metafísicas