Aidan Girt é un batería canadense que toca nos colectivos de post-rock baseados en Montreal Godspeed You! Black Emperor e Exhaust. Tamén toca como artista de música electrónica en solitario baixo os nomes OSB, 1-Speed Bike e Bottleskup Flenkenkenmike.

Carreira No ano 1994 Girt cofundou Godspeed You! Black Emperor,Colin Larkin. The Encyclopedia of Popular Music. Omnibus Press; 27 May 2011. ISBN 978-0-85712-595-8. p. 1439 e leva sendo o seu batería dende entón ata o presente.

Girt, xunto con Gordon Krieger e Mike Zabitsky, formou o grupo Exhaust a mediados dos anos 90. A banda actuou en Montreal durante un curto período de tempo e publicou un sinxelo en 1996. En 1998 publicaron o seu álbum de estrea, Exhaust, e en 2001 o seu segundo álbum de estudio, Enregistreur.

Girt tocou a batería como músico invitado no primeiro álbum da banda A Silver Mt. Zion, He Has Left Us Alone but Shafts of Light Sometimes Grace the Corner of Our Rooms..., publicado en 2000.

Como 1-Speed Bike Girt editou numerosos álbums e EPs en solitario, incluído El Gallito en 2003.

En 2019 Grit comezou a publicar música xunto co guitarrista Eric Quach baixo o nome Some Became Hollow Tubes.

Notas

Categoría:Nados no Canadá Categoría:Baterías