O Ano em Que Meus Pais Saíram de Férias é un filme brasileiro de 2006 dirixido por Cao Hamburger. O guión, o cal levou catro anos para ser completado, foi escrito por Hamburger, Adriana Falcão, Claudio Galperin, Anna Muylaert e Bráulio Mantovani. Foi escollido como candidato do Brasil para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 80ª edición dos premios, clasificándose na lista curta de xaneiro. Esta elección non foi a agardada, xa que se esperaba que fose Tropa de Elite de José Padilha.
Personaxes Michel Joelsas como Mauro Germano Haiut como Shlomo Daniela Piepszyk como Hanna Caio Blat como Ítalo Liliana Castro como Irene Paulo Autran como Mótel, avó de Mauro Simone Spoladore como Bia, nai de Mauro Eduardo Moreira como Daniel, pai de Mauro
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes do Brasil propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 80ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2006 Categoría:Filmes en lingua portuguesa Categoría:Filmes en lingua yiddish Categoría:Filmes do Brasil Categoría:Filmes dirixidos por Cao Hamburger Categoría:Filmes rodados en São Paulo Categoría:Filmes ambientados en 1970