Vasubandhu (en ; en ; en pinyin Shìqīn; en Wylie dbyig gnyen), nado en Purusapura e que viviu nos séculos IV e V, foi un influente monxe budista e estudoso de Gandhara. Foi un filósofo que escribiu comentarios sobre o Abhidharma dende as perspectivas das escolas Sarvastivada e Sautrāntika. Trala súa conversión ao budismo mahayana xunto co seu medio irmán, Asanga, foi un dos principais fundadores da escola Yogacara.
O Abhidharmakośakārikā ("Comentario sobre a Antoloxía do Abhidharma") de Vasubandhu é moi empregado no budismo tibetano e do leste de Asia como a principal fonte para a filosofía Abhidharma non Mahayana. O traballo filosófico describiu os estándares da metafísica yogacara de "so aparencia" (vijñapti-mātra), que foi descrito como forma de "idealismo epistemolóxico", fenomenoloxía e próximo ao idealismo transcendental de Immanuel Kant. Ademais deste, escribiu varios comentarios, obras sobre lóxica, argumentacións e poesía devota.
Vasubandhu é un dos pensadores máis importantes da tradición filosófica budista india. No Jōdo Shinshū, está considerado o Segundo Patriarca; no budismo Chan, é o 21.º Patriarca.
Traxectoria Nado en Purusapura, Vasubandhu era medio irmán de Asanga, outra personaxe clave na fundación da filosofía yogacara. O nome de Vasubandhu significa "o parente da abundancia". El e Asanga son membros dos "Seis Ornamenots"http://www.rigpawiki.org/index.php?title=Six_Ornaments ou os seis grandes comentaristas das ensinanzas do Buda. Era contemporáneo de Chandragupta I, pai de Samudragupta, o que sitúa a Vasubandhu no século IV.Dharma Fellowship (2005). Yogacara Theory - Part One: Background History. Source: (consultado: 15 de novembro de 2007) A primeira biografía de Vasubandhu foi traducida ao chinés por Paramärtha (499-569).Takakusu, J., trad. (1904). The Life of Vasubandhu por Paramartha, T'oung-pao 5, 269 - 296
Vasubandhu inicialmente estudo coa escola budista Sarvastivada (tamén chamada Vaibhāṣika, que defendía o Mahavibhasa) que era a dominante en Gandhara, e posteriormente marchou a Caxemira a estudar cos líderes da rama da Sarvastivada ortodoxa.Lusthaus, Dan; Vasubandhu Tras volvera á casa, deu clases sobre Abhidharma e compuxo o Abhidharmakośakārikā ("Versos sobre a Antoloxía do Abhidharma"), destilación en verso sobre as ensinanzas do Sarvastivada Abhidharma, que foi unha análise de todos os factores da experiencia nos seus dharmas. Non obstante, Vasubandhu tamén comezou a cuestionar a ortodoxia durante algún tempo, e estudara co mestre Sautantrika, Manoratha. Debido a isto, publicou un comentario sobre os seus propios versos, criticando o sistema Sarvastivada dende un punto de vista Sautrāntika (tamén chamado Dārṣtāntika).
Dise que logo se converteu ás crenzas do mahayana pola influencia do seu irmán Asanga, tralo que compuxo numerosos tratados, especialmente sobre a doutrina do Yogacara e os sutras mahayana. Os máis influentes na tradición budista de Asia oriental foron o Vimśatikāvijñaptimātratāsiddhi, os "Vinte Versos sobre a Soa Consciencia", cos seus comentarios (Viṃśatikāvṛtti), o Triṃśikā-vijñaptimātratā, os "Trinta Versos sobre a soa Consciencia"" e o Trisvabhāvanirdeśa. Vasubandhu tamén escribiu un texto sobre hermenéutica budista, o Vyākhyāyukti. Vasubandhu converteuse así nun importante mestre e estudo mahayana, vencendo os filósofos samkhya en debates fronte ao rei gupta Vikramaditya (identificado en ocasións como Chandragupta II ou Skandagupta) en Ayodhya, que se di que o recompensou con 300 000 pezas de ouro. Vasubandhu empregou os cartos que recibiu para construír mostrios budistas e hospitais.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía David J. Kalupahana, The Principles of Buddhist Psychology, State University of New York Press, Albany, 1987, pp 173–192. Francis H. Cook, Three Texts on Consciousness Only, Numata Center for Buddhist Translation and Research, Berkeley, 1999, pp 371–383 ("Thirty Verses on Consciousness Only") and pp 385–408 ("Twenty Verses on Consciousness Only") Erich Frauwallner, The Philosophy of Buddhism, Motilal Banarsidass, Delhi, 2010 . Li Rongxi, Albert A. Dalia (2002). The Lives of Great Monks and Nuns, Berkeley CA: Numata Center for Translation and Research Thich Nhat Hanh Transformation at the Base (subtitle) Fifty Verses on the Nature of Consciousness, Parallax Press, Berkeley, 2001; inspired in part by Vasubandhu and his Twenty Verses and Thirty Verses texts Kochumuttom, Thomas (1982). A Buddhist Doctrine of Experience: A New Translation and Interpretation of the Works of Vasubandhu the Yogacarin. Delhi: Motilal Banarsidass Ligazóns externas Vasubandhu: Entry at the Internet Encyclopedia of Philosophy Multilingual edition of Triṃśikāvijñapti in the Bibliotheca Polyglotta Vasubandhu’s Treatise on the Three Natures (Trisvabhāvanirdeśa) – A Translation and Commentary by Jay Garfield
Categoría:Nados en Paquistán Categoría:Monxes budistas Categoría:Filósofos da India