Para outras moedas coa denominación de "coroa", véxase a páxina de homónimos Coroa (moeda).

A coroa estoniana (e estoniano: Eesti kroon) foi a moeda oficial de Estonia entre os anos 1928 e 1940 e, posteriormente, entre 1992 e 2011, cando foi substituída polo euro. Dividíase en 100 senti (singular "sent")."Stages of the cash changeover: Estonia (since 1 January 2011)". European Central Bank.

A coroa estoniana sucedeu na circulación o marco estoniano en 1928 e utilizouse, nun primeiro momento, ata a invasión soviética de 1940, cando comezou a utilizarse o rublo ruso. Nun segundo momento, a coroa reintroduciuse como moeda oficial logo da súa independencia da Unión Soviética en 1991.

Historia

Primeira coroa (1928-1940) A coroa introduciuse en Estonia o 1 de setembro de 1928 para substituír o anterior marco estoniano, cunha taxa de troco de 100 marcos por coroa. Como moeda divisionaria estableceuse o sent ("céntimo")."Estonian kroon ". Exchange Currency. miniatura|141x141px|Selo postal de 2 coroas estonianas Xa desde 1924, a coroa estoniana utilizábase como unidade de conta (malia non existir a súa especie física), cunha relación á par con respecto á coroa sueca, ambas baseadas no padrón ouro, a razón de 2.480 coroas por cada quilogramo de ouro puro. O baseamento nas reservas de ouro no Banco Central deulle unha cobertura real ao nacemento da nova moeda e, para asegurar a súa credibilidade nos mercados, estableceuse un cambio oficial con respecto á moeda estranxeira.

Durante a Gran Depresión, en 1933, a coroa estoniana abandonou o padrón ouro, desvalorizouse o 35 % e acadou unha vinculación monetaria coa libra esterlina a razón de 18,35 coroas por libra."Eesti Pank. Chronology". Eesti Pank.

Esta situación mantívose ata o inicio da ocupación soviética de Estonia en 1940. A coroa estoniana foi cambiada polo rublo soviético cunha taxa dun rublo = 0,8 coroas. Ata a independencia de Estonia en 1991, logo da caída do Pano de Aceiro, o rublo seguiu a ser a moeda oficial da república."Eesti Pank 1919-1992". Eesti Pank.

Segunda coroa (1992-2011) miniatura|Billetes en coroas estonianas Liberada do xugo soviético, a coroa foi reintroducida as Estonia o 20 de xuño de 1992, en substitución do rublo soviético, a razón dunha coroa por cada 10 rublos. O cambio entre as moedas foi limitado, de xeito que cada persoa só puido cambiar ata un máximo de 1500 rublos a 150 coroas.

Inicialmente, a nova coroa estoniana mantivo unha vinculación co marco alemán, cunha taxa fixa de oito coroas por marco. Logo da introdución do euro na Eurozona (á que pertencía Alemaña), o tipo de cambio fixo de 1,95583 marcos reconverteuse en 15,64664 coroas por euro. O 27 de xuño de 2004, cando Estonia se uniu ao Mecanismo de Tipos de Cambio (ERM II), a paridade central da coroa estoniana revalorizouse lixeiramente, ata as 15,6466 coroas por euro."Estonian kroon included in the Exchange Rate Mechanism II (ERM II)". European Central Bank.

O 1 de xaneiro de 2011 acabou finalmente por substituír a coroa estoniana como moeda oficial da República de Estonia. Ambas as moedas circularon conxuntamente ata o 15 de xaneiro, momento en que a coroa deixou de ter curso legal. No entanto, o Banco de Estonia anunciou que cambiaría moedas e billetes de coroas estonianas polo seu equivalente en euros sen límite de tempos."Ministers offer Estonia entry to eurozone January 1". France 24. 8 de xuño de 2010.

Moedas

Primeira coroa miniatura|2 coroas estonianas de 1939, conmemorativas dos 300 anos da Universidade de Tartu."2 Krooni University of Tartu". Numista. En 1928, as primeiras moedas en saír á circulación foron as de 25 senti, cuñadas nunha aliaxe de níquel e bronce. A esta primeira emisión seguiuna a dun sent, de bronce, en 1929; as dúas coroas, de prata, en 1930; os cinco senti de bronce e os 10 senti de níquel-bronce en 1931; a coroa de prata en 1933; os dous senti de bronce e a coroa de aluminio e bronce en 1934; os 20 senti de níquel-bronce en 1935 e, finalmente, os 50 senti na mesma aliaxe en 1936.

O 25 de xullo de 1940, catro días despois da fundación da República Socialista Soviética de Estonia, emitiuse a derradeira moeda estoniana anterior á segunda guerra mundial, a nova moeda dun sent, que amosaba a data de 1939.

Segunda coroa miniatura|Escudo estoniano, anverso común da serie de moedas circulantes

En 1992 introducíronse as moedas cos valores faciais de 5, 10, 20 e 50 senti (algunhas datadas en 1991), nunha aliaxe de aluminio e bronce, así como as dunha coroa, en cuproníquel. No entanto, en 1997, a moeda de 20 senti substituíuse por outra de idéntico deseño en aceiro niquelado, e o ano seguinte a dunha coroa pasou a cuñarse an aliaxe de aluminio e bronce (o chamado ouro nórdico)."Estonian coins ". Eesti Pank.

As moedas de 5 senti deixaron de cuñarse a partir de 1994, aínda que mantiveron o seu curso legal ata a desaparición do sistema da coroa. As moedas dunha coroa de cuproníquel cuñadas en 1992, 1993 e 1995 foron retiradas da circulación o 31 de maio de 1998, por mor da súa similitude en peso e composición coas moedas do marco alemán."1995–1999: modernisation and regulation of the banking environment ". Eesti Panga Muuseum. Pola súa banda, as moedas de cinco coroas tiñan carácter conmemorativo e, malia teren curso legal, non era doado velas na circulación cotiá.

Ademais destas, Estonia emitiu, a partir de 1992, moedas de colección de prata e de ouro en coroas estonianas en relación con sucesos deportivos, culturais ou nacionais, con valores como 10, 15,65 (a equivalencia co euro), 25, 50, 100 e 500 coroas."Estonian collector coins ". Eesti Pank.

Imaxe reversoValorAnosMetalDiámetro (mm)Peso (g)AnversoReverso55x55px5 senti "5 Senti". Numista.1991-1995Cu+Al+Ni15,951,29Escudo de Estonia5 SENTI - EESTI VABARIIK60x60px10 senti "10 Senti". Numista.1991-2008Cu+Al+Ni17,201,87Escudo de Estonia10 SENTI - EESTI VABARIIK65x65px20 senti "20 Senti (1992-1996)". Numista."20 Senti (1997-2008)". Numista.1992-1996Cu+Al+Ni18,952,27Escudo de Estonia20 SENTI - EESTI VABARIIK1997-2008Ace+Ni2,0070x70px50 senti "50 Senti". Numista.1992-2007Cu+Al+Ni19,502,99Escudo de Estonia50 SENTI - EESTI VABARIIK75x75px1 coroa "1 Kroon (1992-1995)". Numista."1 Kroon (1998-2006)". Numista.1992-1995Cu-Ni23,355,44Escudo de Estonia1 KROON - EESTI VABARIIK1998-2006Ouro nórdico5,0080x80px5 coroas "5 Krooni National Bank". Numista.1994Ouro nórdico26,107,10Escudo de Estonia5 KROONI - EESTI VABARIIK 75 (75 aniversario do Banco Nacional de Estonia)

Billetes

Primeira coroa miniatura|Reverso do billete de 20 coroas estonianas de 1932 En 1927, antes da introdución da coroa como unidade monetaria oficial do estado estoniano, estaban xa en circulación billetes con valor facial de 100 marcos estonianos coa sobreimpesión ÜKS KROON ("unha coroa").

O Banco de Estonia emitiu billetes de 10 coroas en 1928, seguidos dos de 5 e 50 coroas en 1929, os de 20 coroas en 1932 e, finalmente, os de 100 coroas en 1935.

Imaxe do anversoValoresDatasTiraxeMotivo anversoMotivo reverso5 coroas "Estonia 5 Estonian Krooni banknote of 1929". World Paper Money Museum.19297.200.000Pescador.Escudo de armas de Estonia.10 coroas "Estonia 10 Estonian Krooni banknote of 1937". World Paper Money Museum.1928 1937

19405.450.000 4.650.000

1.710.000Rapaza labrega coa roupa tradicional estoniana.Escudo de armas de Estonia.100x100px20 coroas "Estonia 20 Estonian Krooni banknote of 1932". World Paper Money Museum.19322.700.000Pastor.Escudo de armas de Estonia.50 coroas "Estonia paper money 50 Krooni banknote 1929". World Paper Money Museum.19291.070.000Cantís de Rannamõisa.Escudo de armas de Estonia.100 coroas "Estonian 100 Krooni banknote of 1935". World Paper Money Museum.1935485.000Ferreiro.Escudo de armas de Estonia.

Segunda coroa En 1992 entraron en circulación os billetes de 1, 2, 5, 10, 25, 100 e 500 coroas. Algúns dos billetes de 5, 10, 25, 100 e 500 coroas estaban datados en 1991. En 1994 a serie completouse coa introdución do billete de 50 coroas. De xeito diferente ao resto dos valores, os billetes de unha e de cinco coroas tiveron unha única emisión."Estonian kroon banknotes ". Eesti Pank. Imaxe anversoImaxe reversoValorCorMotivo anversoMotivo reverso100x100px100x100px1 coroaMarrónKristjan RaudCastelo de Toompea, Tallin100x100px100x100px2 coroasAzulKarl Ernst von BaerUniversidade de Tartu100x100px100x100px5 coroasLaranxaPaul KeresCastelo de Narva - Fortaleza de Ivangorod100x100px100x100px10 coroasVermelloJakob HurtCarballo Tamme-Lauri100x100px100x100px25 coroasVerdeAnton Hansen TammsaareAldea de Vargamäe100x100px100x100px50 coroasVerdeRudolf TobiasTeatro Estonia100x100px100x100px100 coroasAzulLydia KoidulaKlint báltico100x100px100x100px500 coroasVioletaCarl Robert JakobsonAndoriña

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Coroa (moeda) Economía de Estonia

Bibliografía Krause, C. L.; Clifford, M. (1991). Standard Catalog of World Coins: 1801–1991 (18th ed.). Krause Publications. ISBN 0873411501 Miller, F. P.; Vandome, A. F. (2010). Estonian Kroon. Alphascript Publishing. ISBN 978-6130813598 Pick, A. (1994). Standard Catalog of World Paper Money: General Issues (7th ed.). Krause Publications. ISBN 0-87341-207-9

Ligazóns externas History of Estonian money. Eesti Panga Muuseum Banco Nacional de Estonia Catálogo de moedas de Estonia (Monedas del Mundo) Catálogo de moedas de Estonia (Euronumi) Catálogo de moedas de Estonia (Ciscoins) Catálogo de billetes de Estonia

Categoría:Coroa (moeda) Categoría:Moedas de Estonia Categoría:Moedas substituídas polo euro Categoría:ISO 4217