Lúa de papel (en ) é un filme estadounidense 1973 dirixido por Peter Bogdanovich a partir dun guión de Alvin Sargent baseado na novela Addie Pray de Joe David Brown. O filme, rodado en branco e negro, está ambientado en Kansas e Missouri durante a Gran Depresión. Está protagonizado por Ryan e Tatum O'Neal, pai e filla na vida real. Tatum O'Neal recibiu eloxios pola súa interpretación como Addie e gañou o Óscar á mellor actriz secundaria, converténdose na máis nova gañadora dun Óscar en categoría competitiva.

Foi estreado en galego pola Televisión de Galicia o 22 de miao de 1991.Televisión

Argumento En Gorham, Kansas, arredor de 1936, o estafador Moses Pray coñece a nena de nove anos Addie Loggins no servizo funerario da súa nai, e os veciños sospeitan que el é o pai de Addie. El négao, mais acepta levar a orfa a casa da súa tía en St. Joseph, Missouri.

Elenco

Ryan O'Neal como Moses "Moze" Pray Tatum O'Neal como Addie Loggins Madeline Kahn como Trixie Delight John Hillerman como Deputy Hardin/Jess Hardin Burton Gilliam como Floyd P.J. Johnson como Imogene James N. Harrell como The Minister Noble Willingham como Mr. Robertson Randy Quaid como Leroy Hugh Gillin como 2nd Deputy Rose-Mary Rumbley como Aunt Billie

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Bogdanovich Receives Visionary Award

Categoría:Filmes de 1973 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes en branco e negro Categoría:Filmes de 1973 con versión en galego