Marie Wawa, nada na vila de Yakel na illa de Tanna, provincia de Tafea, é unha actriz de cinema vanuatiana.

Traxectoria En 2015 protagonizou Tanna, un filme australiano-vanuatiano no que se conta a historia dunha parella que decide casar por amor, contradicindo os desexos dos seus pais. O filme, que foi o primeiro enteiramente rodado en Vanuatu, gañou dous premios no Festival Internacional de Cine de Venecia e tamén foi escollido como o candidato australiano ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 89ª edición dos premios, Wawa aparece como coprotagonista xunto con Mungau Dain.

Wawa, ao igual que o resto do elenco de Tanna, non tiña experiencia previa na interpretación antes do seu casting. A trama conta unha tráxica historia de amor e o filme foi rodado preto da vila de Yakel. Marie Wawa foi elixida para interpretar a Wawa, unha moza que se ve forzada a casar por matrimonio concertado para selar a paz con outra tribo. Porén, fica namorada do neto do seu xefe, interpretado por Mungau Dain. As súas familias rexeitan a unión e a parella finalmente acaba por suicidarse, ao igual que aconteceu nos anos 1980 na historia real dunha parella de Tanna. O desenlace fatal fixo que os anciáns permitisen o matrimonio por amor.

Notas

Categoría:Nados en Vanuatu Categoría:Actores de Vanuatu Categoría:Nados en ano descoñecido