Willie Hobbs Moore, nada en Atlantic City (Nova Jersey) o 23 de maio de 1934 e finada en Ann Arbor (Míchigan) o 14 de marzo de 1994, foi unha física e enxeñeira estadounidense. Foi a primeira muller afroamericana que obtivo un doutoramento en física.

Traxectoria Moore trasladouse a Ann Arbor (Míchigan) en 1952 para asistir á Universidade de Míchigan. Obtivo unha licenciatura en enxeñaría eléctrica na Universidade de Míchigan en 1958 e unha mestría en 1961. Mentres cursaba o seu doutoramento, tamén ocupou cargos en empresas de tecnoloxía en Ann Arbor, como KMS Industries e Datamax Corporation. Tamén ocupou postos de enxeñaría en Bendix Aerospace Systems, Barnes Engineering e Sensor Dynamics, onde foi responsable da análise teórica.Willie Hobbs Moore, first African American Woman Physicist Moore completou a súa tese, A Vibrational Analysis of Secondary Chlorides, baixo a supervisión de Samuel Krimm na Universidade de Míchigan en 1972. Este traballo foi aplicable a cuestións importantes no estudo vibracional de macromoléculas.

Despois de recibir o seu doutoramento, Moore traballou na Universidade de Míchigan como científica investigadora ata 1977, continuando o traballo espectroscópico sobre as proteínas. No cinco anos seguintes á súa tese, publicou máis de trinta artigos con Krimm e colaboradores. Foi contratada pola Ford Motor Company en 1977 como enxeñeira de montaxe. Moore ampliou o uso de métodos de enxeñaría e fabricación xaponeses por parte de Ford nos anos 80. En 1991, a revista Ebony nomeou a Moore como unha das súas 100 "mulleres negras máis prometedoras da América corporativa". A Universidade de Míchigan estableceu o premio Willie Hobbs Moore na súa honra.

Notas

Véxase tamén Outras páxinas Mulleres na física

Ligazóns externas Willie Hobbs Moore. Vídeo do Brown University Department of Physics

Categoría:Finados por cancro Categoría:Finados en 1994 Categoría:Nados en 1934 Categoría:Físicos dos Estados Unidos de América Categoría:Enxeñeiros dos Estados Unidos de América Categoría:Personalidades sen imaxes