Foton M é o nome dunha serie de satélites soviéticos e posteriormente rusos adicados á investigación de materiais e sucesores dos satélites Foton. O programa Foton foi desenvolvido para estudar o efecto da exposición ás condicións do espazo de diversos materiais. Os Foton M están formados en realidade á súa vez por dúas familias de satélites, os modelo 34KS e os 34 KSM.
Foton-M 34KS Os Foton M 34KS son unha versión mellorada dos Foton, con baterías melloradas, un mellor control térmico e melloras na telemetría e nas telecomunicacións para mellorar a capacidade de transmisión de datos para pasar ata 15 días no espazo. Lanzárose tres entre 2002 e 2007, todos a bordo de Soiuz U, co primeiro non chegando a órbita pola explosión do foguete durante o lanzamento. Tiñan unha masa de 6410 kg.
Foton-M 34KSM Os Foton M 34KSM sustitúen o módulo de propulsión típico dos Foton por un módulo Yantar que permite misións máis longas, de ata seis meses, para o cal, a diferenza dos modelos anteriores, necesitan usar paneis solares. A carga útil que poden levar a bordo incrementouse en 100 kg. A masa total deste modelo é de 6840 kg.
Misións Foton M
Misión Data de lanzamento Data de regreso Notas Foton M 1 15 de outubro de 2002 N/A Modelo 34KS. Destruído pola explosión do foguete lanzador. Foton M 2 31 de maio de 2005 16 de xuño de 2005 Modelo 34KS. Foton M 3 14 de setembro de 2007 26 de setembro de 2007 Modelo 34KS. Foton M 4 18 de xullo de 2014 1 de setembro de 2014 Modelo 34KSM. Regresou antes de tempo por problemas técnicos.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Bion Foton (satélites)
Categoría:Satélites artificiais