Hélia Correia, nada en Lisboa en febreiro de 1949, é unha escritora e tradutora portuguesa.
Traxectoria Hélia Correia naceu en Lisboa en febreiro de 1949, e creceu en Mafra, terra da familia materna, na cal frecuentou o ensino primario e secundario. Finalizou os estudos secundariosen Lisboa, cidade onde tamén estudou na Facultade de Letras. Licenciouse en Filoloxía Románica, concluíndo, máis tarde, unha posgraduación en Teatro da Antigüidade Clásica. Foi profesora de Lingua Portuguesa do ensino secundario. Foi tamén responsábel de diversas traducións.
Comezou a publicar poesía en páxinas literarias de xornais (Diário de Lisboa, República e A Capital), revistas (Vértice) e antoloxías en 1968.
En 1981, estreouse na novelística con O Separar das Águas. En 1982, foi a vez de O Número dos Vivos. A novela Montedermo, escenificada polo grupo O Bando, acabou por dar á autora un certo renome. Enfoque ese que reflicte, desde moi cedo, o gusto da autora polo teatro e pola Grecia Clásica. Destacan tamén, na súa produción literaria, as novelas Casa Eterna e Soma. Xa en poesía, hai que salientar A Pequena Morte/Esse Eterno Canto. En 2010, Hélia Correia publicou a novela biográfica Adoecer, na que aborda a historia de amor entre Elisabeth Siddal e o poeta e pintor prerafaelista Dante Gabriel Rossetti. En 2012 publica a obra A Terceira Miséria, que foi dobremente premiado na modalidade de Poesía.
En 2015 foi galardoada co Premio Camões.En 2017 foi distinguida pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega como Escritora Galega Universal.
Obra
Narrativa
O Separar das Águas (1981). O Número dos Vivos (1982). Ed. de 1997. Relógio D'Água. 135 páxs. Montedemo (1983). Ed. de 1987 Relógio D'Água. 56 páxs. Villa Celeste - Novela ingénua (1985). Ulmeiro. Coisas. Soma (1987). Ed. de 2006 en Relógio D'Água. 110 páxs. A Fenda Erótica (1988). O Jornal. 159 páxs. A luz de Newton (1988). Relógio D'Água. 62 páxs. A Casa Eterna (1991). Dom Quixote. 242 páxs. Ed. de 2005 en Relógio D'Água. Insânia (1996). Ed. de 2007 en Relógio D'Água. 225 páxs. Lillias Fraser (2001). Relógio D'Água. 292 páxs. É uunha novela histórica, que decorre entre 1746 e 1762, na Escocia e en Portugal. Antartida de mil folhas (2001). Fascinação Seguido de A Dama Pé-de-Cabra de Alexandre Herculano (2004). Relógio D'Água. 70 páxs. Bastardia (2005). Relógio D'Água. 82 páxs. Contos de Hélia Correia (2008). Relógio D'Água. 116 páxs. Son seis: : Eirene, Capadores, Nessa Noite, Sul, Doroteia e A Compaixão. Adoecer (2010). Relógio D'Água. 304 páxs. Vinte degraus e outros contos (2014). Relógio D'Água. 128 páxs. O Separar das Águas e Outras Novelas (2015). Relógio D'Água. 224 páxs. O Separar das Águas, Villa Celeste, Soma. Um Bailarino na Batalha (20018). Relógio D'Água. 120 páxs. Hélia Correia evoca a crise actual dos refuxiados en busca dunha esperanza de vida na Europa, o continente como terra de salvación. Tamén o papel das mulleres, que gañam voz e importancia no grupo fraonte ao dominio do home, recibe a atención da autora.
Poesía
A Pequena Morte (Hélia Correia) / Ese Eterno Canto (Jaime Rocha) (1986). Black Sun Editores. Apodera-te de Mim/Tene Me (2002). Black Sun. A Terceira Miséria (2012). Relógio D'Água. 56 páx. Longo poema dividido en 32 seccións: «A terceira miséria é esta, a de hoje. / A de quem já não ouve nem pergunta. / A de quem não recorda».
Teatro
Perdição, Exercício sobre Antígona (1991). Ed. de 2007 en Relógio D'Água. 64 páxs. Florbela (1991). No Teatro Maizum. O Rancor, Exercício sobre Helena (2000). Relógio D'Água. 112 páxs. O Segredo de Chantel (2005). Desmesura – exercício com Medeia (2007). Relógio D'Água. 60 páxs. Estreada en 2019 por Escola da Noite. A teia (2008). Imprensa Nacional Casa da Moeda. 24 páx. A Ilha Encantada (2008). Relógio D'Água. 144 páxs. Versión xuvenil de William Shakespeare.
Para a Infancia
A Luz de Newton (1998). Ed. de 2005 en Relógio D'Água. 72 páxs. 7 Historias de Cores Mopsos - O Pequeno Grego. O ouro de Delfos (2004). Relógio D'Água. 136 páx. Mopsos - O Pequeno Grego. A coroa de Olímpia (2008). Relógio D'Água. 138 páx. A Chegada de Twainy (2011). Relógio D'Água. 112 páxs.
Colectivos
Contos Policiais (2008). Dulce Maria Cardoso, Francisco José Viegas, Gonçalo M. Tavares, Hélia Correia, Mafalda Ivo Cruz, Mário Cláudio, Ricardo Miguel Gomes, Rui Zink e Valter Hugo Mãe. Porto Editora. 160 páxs. Contos de Vampiros (2009). Ana Paula Tavares, Gonçalo M. Tavares, Hélia Correia, João Tordo, Jorge Reis-Sá, José Eduardo Agualusa, Miguel Esteves Cardoso, Rui Zink e Susana Caldeira Cabaço. Porto Editora. 144 páxs. As troianas (2018). Con Jaime Rocha. Imprensa da Universidade de Coímbra. 113 páxs. Historia.
Premios
1991: Premio Máxima de Literatura. 2001: Prémio de Ficção do Pen Club por Lillias Fraser. 2001: Premio D. Denis. 2003: Grande Prémio de Teatro Português SPA por A teia. 2002: Premio PEN Clube Portugués de Novelística por Lillias Fraser. 2005: Premio Camões. 2006: Premio Máxima de Literatura. 2012: Premio literario Correntes d'Escritas/Casino da Póvoa por A Terceira Miséria. 2013: Premio Vergílio Ferreira. 2013: Premio PEN Clube Portugués de Poesía. 2018: Grande Premio de Romance e Novela APE/DGLAB por Um Bailarino na Batalha.
Notas
Véxase tamén
Conexións externas
Descritiva da obra "A Terceira Miseria" Recensão de "A Terceira Miseria" Biografía de Hélia Correia no sitio web do Centre for the Study of Contemporary Women's Writing (University of London)
Categoría:Tradutores ao portugués Categoría:Tradutores de Portugal Categoría:Poetas de Portugal Categoría:Nados en Lisboa Categoría:Nados en 1949 Categoría:Escritores de Portugal