alt=Inauguración do Xardín dos Combatentes da Nove en Madrid. Rafael está no centro da foto, á beira de M. Carmena.|miniatura|Inauguración do Xardín dos Combatentes da Nove en Madrid. Rafael está no centro da foto, á beira de M. Carmena. Rafael Gómez Nieto, nado en Adra o 29 de xaneiro de 1921 e finado en Estrasburgo o 31 de marzo de 2020, foi un militar español do século XX.

Traxectoria Rafael Gómez participou na Guerra civil española, chaamado a filas pola chamada "Leva do Biberón", loitando no Exército Republicano Español, participando na Batalla do Ebro.

Ó rematar a guerra, pasou a Francia, quedando internado no Campo de internamento de Saint-Cyprien. Catro meses despois chegou a Alxeria co seu pai, internado en Argelès. Despois da Campaña en África Occidental da segunda guerra mundial polos Aliados formou parte da 9.ª Compañía da 2.ª División Blindada de Francia que, integrada por republicanos españois, foi a primeira unidade militar aliada que entrou en París tras a súa reconquista.

Morreu nunha residencia de anciáns en Estrasburgo (Francia), cidade na que vivía dende 1955, polo COVID-19. Foi o último supervivente dos membros da 9.ª Compañía que entraron en París.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Amado Granell

Categoría:Nados en 1921 Categoría:Nados en Adra, Almería Categoría:Finados en 2020 Categoría:Militares de Andalucía Categoría:Finados pola COVID-19 en España Categoría:Militares españois do Exército Francés na segunda guerra mundial Categoría:Militares da guerra civil española leais á República