Michael Edward Fossum, nado en Sioux Falls (Dacota do Sur) o 19 de decembro de 1957, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-121, STS-124 e Soiuz TMA-02M e foi membro da Expedición 28 e da Expedición 29 á Estación Espacial Internacional.

Traxectoria Fossum graduouse en enxeñería mecánica pola Universidade A&M de Texas en 1980 e é máster en enxeñería de sistemas polo Instituto de Tecnoloxía da Forza Aérea en 1981, así como máster en física pola Universidade de Houston en 1997.

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en xuño de 1998, participando nas misións STS-121, STS-124 e Soiuz TMA-02M, e sendo membro das expedición 28 e 29 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 193,79 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-121 STS-124 Soiuz TMA-02M Expedición 28 Expedición 29

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1957 Categoría:Nados en Dacota do Sur