As consoantes glotais son todas aquelas articuladas na glote polas cordas vocais. Se estas se pechan totalmente producen unha oclusiva, sempre xorda [ʔ]. Se o peche das cordas vocais é incompleto pero suficiente para causar unha fricción audible, prodúcese unha fricativa xorda , e se ademais vibran, o resultado é unha consoante fricativa sonora .

As consoantes glotais no Alfabeto Fonético Internacional:

IPA Descrición ExemploLinguaOrtografíaIPATraduciónFicheiro:Xsampa-questionmark.png Oclusiva glotalNukakbai'[]cuñadoFicheiro:Xsampa-hslash.pngFricativa glotal sonoraChecoPraha[]PragaFicheiro:Xsampa-h.pngFricativa glotal xorda Ingléshat[]sombreiro

Varios fonetistas consideran que polo menos as glotais "fricativas" non son verdadeiras consoantes, senón que representan un estado transicional da glote (fonación) sen un lugar específico de articulación; entón sería unha transición pulmónica sonora que podería ser transcrita como .

O peche glotal pode considerarse como unha consoante típica, que ocorre en moitas linguas e é moi común entre as linguas amerindias. Xeralmente escríbese <'>, como na nasa yuwe, ou <‘>, como na lingua hawaiana, ou con diacríticos, como o hamza <ء> do alfabeto árabe. Nalgúns alfabetos en linguas indíxenas de América latina úsase a <h> para representar a oclusiva glotal.

O ayn de varias linguas semíticas, no alfabeto hebreo <ע>, en árabe <ﻉ>, pode representar unha consoante oclusiva glotal farinxalizada ou unha fricativa farínxea xorda .

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Consoantes