Agustín Fernández Albor, nado en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 1929 e finado na mesma vila o 6 de outubro de 1987, foi un xurista e catedrático galego, especialista en dereito penal. Traxectoria
Cursou a Licenciatura de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e no curso académico 1957/58 foi nomeado profesor axudante de Dereito Penal nesta Universidade.
En 1960 obtivo o título de Doutor pola USC coa cualificación de sobresaínte cum laude pola defensa da súa tese Contribución al estudio de la diferenciación dogmático entre homicidio y asesinato que despois sería premio extraordinario.
No ano 1961, mediante concurso oposición acadou a categoría de profesor adxunto de Dereito Penal, en 1963 profesor agregado de Cátedra e en 1968 Profesor Agregado provisional. En 1969 obtivo a praza de profesor agregado de Dereito Penal e finalmente en 1971 acadou a praza de catedrático de Dereito Penal pola Universidade de Santiago.
Nesta Universidade foi Secretario de Publicacións, Intercambio Científico e Extensión Universitaria, Secretario da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela, Vicedecano da Facultade, Vicerreitor da Universidade durante 6 anos e Director do Departamento de Dereito Penal e do Instituto de Criminoloxía.
Realizou viaxes de estudos por Bélxica, Francia e Portugal en 1958, antiga Iugoslavia, Francia, Austria e Italia onde ampliou estudos con Prof, C. Pedrazzi no ano 1963, cursou estudos co Prof M. Ancel en París e diplomouse en Dereito Comparado en Estrasburgo.
Foi membro da Asociación Internacional de Dereito Comparado, da Comisión nacional española para a redacción do Código Penal tipo para Latino América e da Asociación Internacional de Dereito Penal.
Académico de número da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación e membro do Instituto de Ciencias Criminolóxicas da Universidade Complutense de Madrid.
Cabe destacar a súa obra Homicido y asesinato e os seus traballos sobre a delincuencia xuvenil, sobre a problemática do consumo e tráfico de drogas e sobre a delincuencia económica nas súas formas tradicionais e nas máis complexas e sofisticadas. Vida persoal
Foi irmán do médico e político Xerardo Fernández Albor. Obras Homicido y asesinato (1964) Normativismo e institucionalismo en derecho penal (1965) Aportación al estudio comparado de los sistemas penales europeos (1966) Circa il cossidetto “delitto d’onore” (1966) El daño moral en los delitos contra el honor (1967) El agio arrendaticio (1969) Delincuencia juvenil (1973) Estudios sobre criminalidad económica (1978) Delincuencia y economía (1983)
Recoñecementos Medalla de las Ciencias Penales y Criminológicas del Instituto de Criminología de la Universidad Complutense de Madrid en 1981. Insignia de Ouro da Universidade de Santiago en 1984.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Autores galegos na BUSC Anuario de Derecho Penal y Ciencias Penales, 1988
Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1929 Categoría:Finados en 1987 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Xuristas de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes