Mario Lemieux, nado en Montreal o 5 de outubro de 1965, é un xogador de hóckey sobre xeo retirado canadense. Xogou dezasete temporadas na National Hockey League (NHL) cos Pittsburgh Penguins entre 1984 e 2006, dos que asumiu a propiedade en 1999. Alcumado "The Magnificent One" ou "Le Magnifique" así como "Super Mario", está recoñecido como un dos mellores xogadores de todos os tempos. Dotado para crear xogo e patinador rápido a pesar do seu gran tamaño, Lemieux adoitaba bater os defensas con fintas e dekes.
Lemieux liderou os Pittsburgh na consecución de copas Stanley consecutivas en 1991 e 1992. Baixo a súa propiedade, os Penguins gañaron outros títulos adicionais en 2009, 2016 e 2017. É o único home que ten o seu nome na copa como xogador e como propietario. Tamén liderou a selección canadense que gañou a medalla e ouro nos Xogos Olímpicos de Salt Lake City, o campionato do mundo de 2004 e a Copa do Canadá de 1987. Gañou o Lester B. Pearson Award como xogador máis destacado votado polos xogadores en catro ocasións, o Hart Trophy como xogador máis valioso da NHL en tres ocasións, o Art Ross Trophy como líder por puntos seis veces e o Conn Smythe Trophy como xogador máis valioso dos playoffs en 1991 e 1992. É o único xogador que marcou un gol en cada unha das cinco posibles situacións nun único partido, o que logrou en 1988. No momento da súa retirada era o sétimo xogador que marcou máis puntos durante a súa carreira, con 690 goles e 1033 asistencias. É segundo na historia da NHL cunha media de goles por partido de 0.754, só detrás de Mike Bossy (0.762).Player Season Finder . Hockey-Reference.com. Consultado o 23 de xullo de 2013. En 2004, foi incluído no Canada's Walk of Fame.
A carreira de Lemieux estivo cheo de problemas de saúde que o limitaron a 915 partidos dun total de 1430 posibles nunha tempada regular. O debut de Lemieux na NHL foi o 11 de outubro de 1984 e o seu último partido tivo lugar o 26 de decembro de 2005. Retirouse en dúas ocasións debido aos problemas de saúde, primeiro en 1997 tras loitar cun linfoma antes de volver en 2000, e definitivamente en 2006 tras ser diagnosticado con fibrilación auricular. Lemieux tamén se perdeu a temporada 1994-95 debido a un linfoma de Hodgkin. A pesar destas longas ausencias, o seu xogo permaneceu a alto nivel nas súas voltas ao xeo.
En 1999 comprou os Penguins, entón en bancarrota, e o seu afiliado na American Hockey League (AHL), os Wilkes-Barre/Scranton Penguins, e continúa a ser o dono principal e director.
Lemieux foi incluído no Hockey Hall of Fame xusto despois da súa primeira retirada en 1997, prescindíndose da aplicación da regra normal dos tres anos de espera; cando volveu en 2000 converteuse no terceiro Hall of Fame que xogou logo de ser incluído, despois de Gordie Howe e Guy Lafleur. O impacto de Lemieux na NHL foi significativo: Andrew Conte do Pittsburgh Tribune-Review chamouno o salvador dos Pittsburgh Penguins, e despois de que se retirase, Wayne Gretzky comentou que "ti non substitúes xogadores como Mario Lemieux (...) O xogo botarao de menos". Bobby Orr dixo que era "o xogador con máis talento que nunca vin". Orr, xunto con Bryan Trottier e moitos seguidores, especulou que se Lemieux non sufrise tantos problemas de saúde, os seus logros sobre o xeo serían aínda maioresthat if Lemieux had not suffered so many issues with his health, his on-ice achievements would have been much greater. En 2017, foi nomeado un dos "100 Greatest NHL Players".
Estatísticas Temporadas regulares e playoffs Grosa indica que liderou a liga
Temporada regular Playoffs Temporada Equipo Liga GP G A Pts PIM GP G A Pts PIM1980–81Montreal-ConcordiaQAAA476262124127325781981-82Laval VoisinsQMJHL6430669622 — — — — —1982-83Laval VoisinsQMJHL66841001847612141832181983-84Laval VoisinsQMJHL701331492829714292352291983-84Laval VoisinsMC — — — — — 3 1 2 3 01984-85Pittsburgh PenguinsNHL73435710054 — — — — —1985-86Pittsburgh PenguinsNHL79489314143 — — — — —1986-87Pittsburgh PenguinsNHL63545310757 — — — — —1987-88Pittsburgh PenguinsNHL77709816892 — — — — —1988-89Pittsburgh PenguinsNHL76851141991001112 719161989-90Pittsburgh PenguinsNHL59457812378 — — — — —1990-91Pittsburgh PenguinsNHL261926453023162844161991-92Pittsburgh PenguinsNHL644487131941516183421992-93Pittsburgh PenguinsNHL606991160381181018101993-94Pittsburgh PenguinsNHL2217203732643721995-96Pittsburgh PenguinsNHL7069921615418111627331996-97Pittsburgh PenguinsNHL76507212265533642000-01Pittsburgh PenguinsNHL4335417618186111742001-02Pittsburgh PenguinsNHL246253114 — — — — —2002-03Pittsburgh PenguinsNHL6728639143 — — — — —2003-04Pittsburgh PenguinsNHL101896 — — — — —2005-06Pittsburgh PenguinsNHL267152216 — — — — — Totais QMJHL2002473155621902643418447 Totais NHL91569010331723834107769617287
Internacional Ano Equipo Competición Resultado GP G A Pts PIM 1983 Canadá WJC 20px 7 5 5 10 12 1985 Canadá WC 20px 9 4 6 10 2 1987 Canadá CC 20px 9 11 7 18 8 2002 Canadá OLI 20px 5 2 4 6 0 2004 Canadá WCH 20px 6 1 4 5 2 Totais como júnior 7 5 5 10 12 Totais como sénior 29 18 21 39 12
Xogos da NHL All-Star AnoLugarGAP1985Calgary2131986Hartford0001988St. Louis3361989Edmonton0111990Pittsburgh4041992Philadelphia0111996Boston0221997San Jose2132001Denver1122002Os Ánxeles101 10 All-Star Games131023
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados en Montreal Categoría:Nados en 1965 Categoría:Xogadores de hóckey sobre xeo olímpicos do Canadá Categoría:Membros do Hockey Hall of Fame Categoría:Xogadores da NHL Categoría:Medallistas olímpicos en hóckey sobre xeo Categoría:Medallistas olímpicos de ouro polo Canadá Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2002 Categoría:Xogadores de hóckey sobre xeo nos Xogos Olímpicos de 2002