Julieta Monginho, nada en Lisboa en 1958, é unha escritora portuguesa.
Biografía Licenciouse en Dereito, frecuentando o Centro de Estudos Judiciários en 1983 e foi maxistrada en Montemor-o-Novo entre 1985 e 1988, en Torres Vedras entre 1988 e 1990, en Sintra entre 1990 e 1994, e en Cascais entre 1994 e 1998. Entre 1998 e 2000, foi asesora no Supremo Tribunal de Xustiza de Portugal. Especializouse na xurisdición de Familia e Menores. Despois foi Procuradora Xeral Adxunta na Procuradoria Geral Regional de Lisboa. Destaca tamén como defensora dos dereitos humanos.
Colabora regularmente en revistas literarias e xurídicas.
Obras
Juízo perfeito (1996). Edições Asa. 224 páxs. ISBN 9789724117027. Ed. de 2019 en Porto Editora, ISBN 978-972-0-03144-0. A paixão segundo os infiéis (1998). Dom Quixote. 256 páxs. ISBN 9789722014649. À tua espera (2000). Dom Quixote. 276 páxs. ISBN 9789722017534. Dicionário dos livros sensíveis (2000). Campo das Letras. 108 páxs. ISBN 9789726103592. Os filhos de K (2001). Teodolito. 264 páxs. ISBN 9789898580351. Onde está J.? : diário (2002). Campo das Letras. 264 páxs. ISBN 9789726105336. A árvore no meio da sala (2003) (co-autora) A construção da noite (2005). Dom Quixote. 225 páxs. ISBN 9789722029476. A terceira mãe (2008). Campo das Letras. 280 páxs. ISBN 9789896252960. António, Maria (2010). Edición especial e fóra de mercado en memoria dos pais. Metade maior (2012). Ed. Estampa. 160 páxs. ISBN 9789723326949. Um muro no meio do caminho (2018). Porto Editora. 248 Páxs. ISBN 978-972-0-03030-6. Unha novela sobre a dura realidade dos refuxiados que, atravesando perigosamente o Mediterráneo, procuran unha nova casa en territorio europeo.
Premios
2000: Prémio Máxima de Literatura, con À tua espera 2008: Grande Prémio de Romance e Novela APE/IPLB, con A terceira mãe 2019: Prémio Fernando Namora, con Um muro no meio do caminho 2019: Prémio PEN Clube Português, con Um muro no meio do caminho
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Entrevista en 2018 Biografía na DGLeB
Categoría:Nados en 1958 Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Nados en Lisboa