Encrucillada de odios (en ) é un filme negro estadounidense de 1947 que trata o tema do antisemitismo,Variety film review; 25 de xuño de 1947, p. 8.Harrison's Reports film review; 28 de xuño de 1947, p. 102. igual que a gañadora do Óscar ao mellor filme dese ano, Gentleman's Agreement. Foi dirixido por Edward Dmytryk e o guión foi escrito por John Paxton, baseado na novela de 1945 The Brick Foxhole, do guionista e director Richard Brooks. O filme, protagonizado por Robert Mitchum, Robert Young, Robert Ryan, Gloria Grahame e Sam Levene, recibiu cinco candidaturas aos premios Óscar.. Foi o primeiro filme de serie B que recibiu unha candidatura como mellor filme.
Foi estreado en galego pola Televisión de Galicia o 5 de abril de 2020.Encrucillada de odios
Argumento Despois de ser chamado para investigar o brutal asasinato de Joseph Samuels (Sam Levene), que foi atopado morto na súa casa, o investigador da policía Finlay (Robert Young) descobre que pode haber un asasino entre un grupo de soldados desmobilizados que foran vistos con Samuels e a súa amiga no bar dun hotel esa noite.
Mentres, o sarxento Keeley (Robert Mitchum), avisado de que o seu amigo Mitchell (George Cooper) pode ser o principal sospeitoso, decide investigar o crime para limpar o nome do seu amigo. A cada investigador, os soldados sospeitosos contan a súa versión da noite mediante flashbacks.
Elenco Robert Young como Capt. Finlay Robert Mitchum como Sgt. Peter Keeley Robert Ryan como Montgomery Gloria Grahame como Ginny Tremaine Paul Kelly como Mr. Tremaine Sam Levene como Joseph Samuels Jacqueline White como Mary Mitchell Steve Brodie como Floyd Bowers George Cooper como Cpl. Arthur Mitchell Richard Benedict como Bill Williams Tom Keene como Dick, detective (como Richard Powers) William Phipps como Leroy Lex Barker como Harry Marlo Dwyer como Miss Lewis Kenneth McDonald como Major
Produción O guión do filme baséase na novela de Richard Brooks. Brooks escribiu a novela mentres era sarxento do corpo de marines realizando filmes de adestramento en Quantico, Virxinia, e Camp Pendleton, California. Na novela, a vítima era homosexual. Como se conta no filme The Celluloid Closet e no documental incluído na versión en DVD de Encrucillada de odios, o código Hays prohibía calquera mención á homosexualidade, polo que o tema do libro foi cambiado ao racismo e ao antisemitismo.
O libro publicouse mentre Brooks estaba cos marines. Un membro do corpo en nome de Robert Ryan falou con Brooks e díxolle que estaba interesado en participar nunha versión para a pantalla da novela.Daniel, Douglass K. (2011). Tough as Nails: The Life and Films of Richard Brooks Univ. of Wisconsin Press. p. 34More Than Night: Film Noir in its Context. Berkeley: University of California Press. pp. 114-123.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Crossfire review at DVD Savant by Glenn Erickson
Categoría:Filmes de 1947 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Edward Dmytryk Categoría:Filmes en branco e negro Categoría:Filmes ambientados en Washington, D.C. Categoría:Filmes de 1947 con versión en galego