Unha vogal central é un tipo de vogal que aparece en diferentes linguas, cuxa característica definitoria é que a lingua ocupa unha posición media ou central, intermedia entre a posición que ocupa nas vogais anteriores e as vogais posteriores. Os sons vocálicos centrais que teñen un signo específico no Alfabeto Fonético Internacional son:

Vogal pechada central non redondeada Vogal pechada central redondeada Vogal semipechada central non redondeada Vogal semipechada central redondeada Vogal media central (tamén chamada schwa) Vogal semiaberta central non redondeada Vogal semiaberta central redondeada Vogal case aberta central Vogal aberta central non redondeada (*Tecnicamente, non é foneticamente central)

Esporadicamente, empréganse os signos ad hoc para as vogais case-pechadas centrais. Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Vogais