Andrés Carlos Martínez Riveira, nado en Ortigueira o 26 de novembro de 1982, é un escritor galego, coñecido como Andrés C. M. Riveira.
Traxectoria Dende moi novo viviu na vila de Cariño, onde estudou no IES Cabo Ortegal. Tras mudarse á súa actual localización de Narón cursou o ensino medio no IES Fernando Esquío de Neda, e licenciouse en humanidades na Universidade da Coruña; tamén cursou dereito na UNED.
Escribiu regularmente na revista universitaria Morituri e nas "Páginas literarias" de La Voz de Galicia e actualmente colabora mensualmente no programa Club de lectura de Radio Fene comentando libros de actualidade literaria galega. En 2007 comezou a destacarse como unha voz emerxente da literatura galega co libro de relatos Parecía tan normal..., onde mestura estilos e estéticas, e verte temáticas clásicas en modernas. En 2017 publica o relato Esperando a Godot. En 2014 autoeditou o poemario Soledad alarmadaAutoedición KDP / Amazon. A máis recente obra, en galego, compóñena os relato As bágoas que non caen non significan nada (2018) e A porta verde do sétimo andar (2019), ademais do poemario Memoria das cousas perdidas (2020), en proceso de publicación. Obtivo varios premios literarios.
Obra Parecía tan normal... (2007). Edición Asociación De Re Hermenéutica. Soledad alarmada (2014). Autoedición KDP / Amazon. Memorias das cousas perdidas (2020). Urutau Editora (no prelo).
Premios Concurso de Relatos do Curso de Narrativa Torrente Ballester de Ferrol con Sir Henry y la dama (2004). Concurso de Relatos do Curso de Narrativa Torrente Ballester de Ferrol con Soliloquio de la Rutina (2008). Certame de Relato Curto do Concello de Mugardos con Don Xosé, buscador de hápax (2014). Finalista do Certame de Relatos Curtos de Ultramar con Esperando a Godot (2017).
Notas
Categoría:Nados en Ortigueira Categoría:Nados en 1982 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Alumnos da Universidade Nacional de Educación a Distancia