Don't Breathe é un filme estadounidense de 2016 producido e dirixido por Fede Álvarez, coproducido por Sam Raimi e Robert Tapert, e coescrito por Álvarez e Rodo Sayagues. Está protagonizado por Jane Levy, Dylan Minnette, Daniel Zovatto e Stephen Lang, e conta a historia de tres amigos que quedan atrapados na casa dun home cego ó que pretendían roubar. O filme foi producido por Ghost House Pictures e Good Universe e foi distribuído por Sony Pictures Releasing.

Don't Breathe estreouse en South by Southwest o 12 de marzo de 2016, e foi estreado nos cinemas o 26 de agosto de 2016, por Screen Gems e Stage 6 Films. O filme recadou máis de 157 millóns de dólares e recibiu valoracións positivas por parte da crítica, que louvaron as interpretacións (en especial as de Levy e Lang), así como a dirección, o guión e a tensa atmosfera, e Magazine considerouno "o mellor filme estadounidense de terror dos últimos vinte anos".

Personaxes Jane Levy como Roxanne / "Rocky" Stephen Lang como Norman Nordstrom / "O home cego" Dylan Minnette como Alex Daniel Zovatto como Money Franciska Törőcsik como Cindy Roberts Emma Bercovici como Diddy Christian Zagia como Raul Katia Bokor como Ginger Sergej Onopko como Trevor

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en Metacritic Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2016 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes producidos por Sam Raimi Categoría:Filmes dirixidos por Fede Álvarez Categoría:Filmes rodados en Hungría Categoría:Filmes de Screen Gems