Miguel Herrero Rodríguez de Miñón , nado en Madrid o 18 de xuño de 1940, é un político e xurista español.

Traxectoria Formación universitaria

Fillo do catedrático de instituto e hispanista Miguel Herrero García, estudou Dereito en Madrid, onde, segundo di nas súas Memorias de estío, pasou por "más estudioso que estudiante". Logo de licenciarse en 1961, doutorouse en 1965 cunha tese sobre o Dereito Constitucional xurdido trala descolonización. Completou a súa formación en Oxford, en París e en Lovaina, onde se licenciou en Filosofía en 1968. Letrado do Consello de Estado desde 1966, comezou a colaborar en prensa -Diario Ya, Diario Madrid, Informaciones-, difundindo as súas ideas sobre o que debería ser a transición á morte de Francisco Franco.Diario Vasco, 18 de julio de 1968 En 1975 casou con Cristina Jáuregui Segurola, filla de Ramón Jáuregui Epalza e M.ª Luisa Segurola Guereca.

miniatura|left|En 1980.

Actividade política Rodríguez de Miñón foi Secretario General Técnico do Ministerio de Xustiza, colaborando de maneira moi activa na primeira amnistía (1976), na Lei para a Reforma Política e na primeira normativa electoral da democracia. Participou na elaboración da Constitución de 1978 e ocupou o cargo de portavoz no Congreso dos deputados, tanto do partido do Goberno (UCD) como da oposición (AP). Foi deputado de UCD entre 1977 e 1981. Algúns autores sinálano como un dos artífices da «operación de acoso e derrubamento» contra Adolfo Suárez, que remataría coa súa coroación como xefe do grupo parlamentario da UCD. Herrero de Miñón tamén tería mantido contactos con líderes políticos da oposición co obxectivo de sacar a Suárez do poder.

Abandonou UCD en febreiro de 1982, ingresando en xullo dese ano en Alianza Popular. Foi elixido deputado de AP e do PP nos comicios de 1982, 1986 e 1989.

En 1979 foi elixido concelleiro do concello de Madrid nas eleccións municipais de abril. En 1987 optou á Presidencia de Alianza Popular, pero foi derrotado por Antonio Hernández Mancha.

Actividade profesional A súa dilatada carreira profesional inclúe os postos de conselleiro do Banco Exterior de España, vicepresidente da Comisión Xurídica, da Asemblea Consultiva do Consello de Europa (1979-1982) e vicepresidente da Comisión Política da Asemblea do Atlántico Norte, órgano do que formou parte de 1983 a 1993. Ademais, foi membro da Comisión Trilateral.

Militou no Partido Popular ata 2004.

Estudoso do dereito constitucional e as relacións internacionais, publicado numerosos traballos, colaborou asiduamente en prensa e radio, e exerceu tamén como avogado e consultor.

Participou, entre 1998 e 2009, semanalmente na Tertulia de sabios xunto a Santiago Carrillo, exsecretario xeral do Partido Comunista de España, Ernest Lluch e Pere Portabella no programa La Ventana da Cadena SER. Abandonou o programa debido ao seu nomeamento como membro permanente do Consello de Estado.

Foi membro do Tribunal Constitucional de Andorra entre 2001 e 2009, presidíndoo entre 2001 e 2003.

Miguel Herrero é asiduo colaborador da Universidade Internacional Menéndez Pelayo.

Academias e asociacións ás que pertence Membro da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas dende o 9 de abril de 1991. Membro correspondente da Academia Nacional de Derecho de Buenos Aires (2017). Membro correspondente da Academia Nacional de Derecho de Córdoba (2017). Membro correspondente da Academia Nacional de Ciencias Morales y Políticas de la República Argentina.

Ideoloxía

Autopresentado como «españolista de la España Grande», foi encadrado como representante dunha corrente minoritaria do nacionalismo de tipo neoforalista no espazo conservador español. Obras El principio monárquico (1971)

Idea de los derechos históricos (1991) Memorias de estío (1993) La reforma del Senado (1996) El aguijón. Un relato de ficción (1997) Derechos históricos y Constitución (1998) 20 años después. La constitución cara al siglo XXI (1998) El valor de la Constitución (2003) Cádiz a contra pelo: 1812-1978 : dos constituciones en entredicho (2013)

Premios e recoñecementos Gran cruz da Orde de Isabel a Católica (1978) Premio Blanquerna da Generalitat de Cataluña (1988) Premio Sabino Arana (1998). Grande Oficial da Orde ao Mérito da República Italiana (1999) Creu de Sant Jordi (2000) Colar da Orde do Mérito Civil (2003) Doutor Honoris Causa pola Universidade de Buenos Aires (2017) Doutor Honoris Causa pola Universidade Pontificia Comillas (2018)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Políticos de España Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1940 Categoría:Políticos de UCD Categoría:Políticos do PP Categoría:Académicos de número da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (Lexislatura constituínte) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (I Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (II Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (III Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (IV Lexislatura) Categoría:Concelleiros de Madrid Categoría:Políticos de AP