Cristina Ortiz Rodríguez, nada o 19 de marzo de 1964 en Adra e finada o 9 de novembro de 2016 en Madrid, máis coñecida polo alcume de La Veneno ("A Veleno"), foi unha vedete, cantante e colaboradora de televisión española, famosa por intervir nos programas de entrevistas nocturnos Esta noche cruzamos el Mississippi e La sonrisa del pelícano, emitidos en España entre 1996 e 1997, ámbolos dous programas presentados polo xornalista Pepe Navarro.

La Veneno foi unhas das primeiras mulleres transxénero en visibilizar a realidade do colectivo transxénero, e é recoñecida como unha das iconas LGBT máis atrevidas de España.

Filmografía Cinema pornográfico El secreto de La Veneno (1997). La venganza de La Veneno (1997).

Televisión Vivan los novios (1991) - Telecinco. Esta noche cruzamos el Mississippi (1996-1997) - Telecinco. La sonrisa del pelícano (1997) - Antena 3. De tarde en tarde (1997) - Canal Sur Televisión. Parle vosté, calle vosté (1997) - Canal Nou. Susana Giménez Show (1998) (na Arxentina) Todo depende (1998-1999) - Telemadrid. Tiempo al tiempo (2001) - TVE. Mírame (2000-2001) - Antena 3. Crónicas Marcianas (2001-2003) - Telecinco. Aquí hay tomate (2006-2007) - Telecinco. En Antena (2006-2007) - Antena 3. Salsa Rosa (2006) - Telecinco. TNT (2006) - Telecinco. DEC (2006-2011) - Antena 3. El Caldero de Nacha (2014) - Iberoamerica TV. Sálvame (2009-2013) - Telecinco. Sálvame Deluxe (2009-2016) - Telecinco. (11 intervencións).

Series de televisión Ano Título Canle Personaxe Notas 1997 En plena forma Antena 3 Monitora de ximnasio 6 episodios

Espectáculos Que trabaje Rita (2013–2014)

Discografía +ÁlbumNotasCertificaciónVeneno pa´ tu piel Ano de lanzamento: 1996 Discográfica: MAX Music Formato: CD , Maxi-single , Vinilo15x15px Disco de ouro (50 000 copias)Rumba total 3 Ano de lanzamento: 1999 Discográfica: MAX Music Formato: CD, Casete

Serie homenaxe En 2020 Atresmedia estreou unha serie biográfica titulada Veneno. Vida y muerte de un icono dirixida por Javier Calvo e Javier Ambrossi.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en 1964 Categoría:Nados en Adra, Almería Categoría:Finados en 2006 Categoría:Finados en accidente Categoría:Prostitutos Categoría:Persoas trans Categoría:Cantantes de España Categoría:Actores de Andalucía Categoría:Actores porno de España Categoría:Personalidades da cultura LGTB Categoría:Actrices de porno heterosexual