Heriberto IV de Vermandois, nado ao redor de 1032 e finado en 1080, foi conde de Vermandois de 1045 a 1080 e conde de Valois de 1077 a 1080. Traxectoria Era fillo de Odón de Vermandois, conde de Vermandois e de Pavia. Sucedeu a seu pai en 1045, sendo citado no momento da consagración do rei Filipe I de Francia; herdou en 1077 dunha parte os feudos do seu cuñado Simón de Vexin, basicamente o condado de Valois e os dereitos de Montdidier e Amienois e o señorío de PéronneO Señorío de Péronne dependía do condado de Vermandois, e tivo como primeiro señor a Eilberto (944-977) e tería seguido na súa familia, malia que non se cita ao seu sucesor, se cadra un fillo; Roberto de Cappy era probabelmente o seu neto e foi castelán de Péronne como Roberto I desde preto de 1000 ao 1045; seguiuno o seu fillo Roberto II o Barbudo (1045-1087) que se titulou "príncipe de Péronne" pero perdeu o señorío sobre 1068/1070 a mans de Simón de Valois, o cal á volta dunha viaxe a Roma, coaccionado polo papa, casou sobre 1072 con Xudit de Auvernia (filla do conde de Auvernia) e un tempo despois os dous esposos decidiron entrar en relixión e Simón decidiu retornar Péronne e outros sitios ao conde de Vermandois, pera a cesión demorouse porque na cidade estaba enterrado o seu pai, e quería trasladar a tumba; finalmente en 1077 abdicou na súa irmá Adelaida de Valois, á que cedeu o condado de Amiens ocupado polo rei e o de Valois, retornando o condado de Montdidier e o señorío de Péronne ao cndee de Vermandois, ben directamente ou ben a través da súa irmá por cesión destes dominios á súa irmá Adelaida de Valois, muller de Heriberto (casados arredor de 1060) e filla de Raúl IV de Valois e III de Amiens e Vexin.
Deste matrimonio naceron: Odón, dito o Insensato, finado despois de 1085, que foi desherdado polo seu pai por ser débil de espírito (probabelmente un pouco retardado). Adelaida (ca. 1062 - 1122), casada ao redor de 1080 con Hugo I o Grande (ca. 1057 - 1102), conde de Vermandois e Valois, fillo de Henrique I, rei de Francia e Ana de Kíiv. Notas
Véxase tamén Bibliografía Christian Settipani, La Préhistoire des Capétiens (Nouvelle histoire généalogique de la maison d'auguste de France, vol. 1), ed. Patrick van Kerrebrouck, 1993 ().
Categoría:Condes de Amiens Categoría:Condes de Vermandois Categoría:Condes de Valois Categoría:Finados en 1080 Categoría:Nados no século XI