1917 é un filme británico-estadounidense de 2019 dirixido, co-escrito e producido por Sam Mendes. Está protagonizado por George MacKay e Dean-Charles Chapman, xunto con Mark Strong, Andrew Scott, Richard Madden, Claire Duburcq, Colin Firth e Benedict Cumberbatch. Baséase en parte das historias contadas a Mendes polo seu avó paterno, Alfred Mendes. O filme conta a historia de dous mozos soldados británicos durante a primeira guerra mundial que teñen por misión entregar unha mensaxe para evitar un ataque despois da retirada alemá da Liña Hindenburg durante a Operación Alberich en 1917. Esta mensaxe é especialmente importante para un dos soldados, cuxo irmán forma parte do ataque inminente.
O proxecto foi anunciado oficialmente anunciado en xuño de 2018, asinando MacKay e Chapman en outubro e o resto do elenco o mes de marzo seguinte. A rodaxe produciuse dende abril até xuño de 2019 no Reino Unido, co fotógrafo Roger Deakins e o editor Lee Smith empregando tomas longas para simular que o filme enteiro foi rodado en dúas tomas continuas.
1917 estreouse e Londres o 4 de decembro de 2019 e nos cinemas dos Estados Unidos o 25 de decembro a través de Universal Pictures, e no Reino Unido o 10 de xaneiro de 2020 a través de Entertainment One. O filme recibiu a aclamación da crítica pola dirección de Mendes, as interpretacións, a fotografía, a banda sonora, a edición, a mestura do son e o seu realismo. Entre os seus premios, o filme recibiu dez nomeamentos na 92ª edición dos Óscar, incluíndo as categorías de mellor filme e mellor director, gañando finalmente tres premios, incluíndo o de mellor fotografía.
Estreouse en galego o 21 de xuño de 2022 a través da TVG. Foi traducido por Manuel Arca Castro e a directora de dobraxe foi Charo Pena.
Personaxes George MacKay como Lance Corporal William "Will" Schofield Voz en galego de Nacho Castaño. Dean-Charles Chapman como Lance Corporal Thomas "Tom" Blake Voz en galego de Dami Lema. Mark Strong como Capitán Smith Andrew Scott como Tenente Leslie Richard Madden como Tenente Joseph Blake Claire Duburcq como Lauri, habitante de Écoust-Saint-Mein Colin Firth como Xeneral Erinmore Benedict Cumberbatch como Coronel Mackenzie Daniel Mays como Sarxento Sanders Voz en galego de Antón Rubal. Adrian Scarborough como Major Hepburn Jamie Parker como Tenente Richards Michael Jibson como Tenente Hutton Richard McCabe como Coronel Collins Voz en galego de César Cambeiro. Chris Walley como Soldado Bullen Nabhaan Rizwan como Sepoy Jondalar Michael Cornelius como Soldado Cornelius
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie
Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Sam Mendes Categoría:Filmes con banda sonora de Thomas Newman Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes ambientados en Francia Categoría:Filmes ambientados en 1917 Categoría:Filmes rodados en Surrey Categoría:Filmes rodados en Escocia Categoría:Filmes de Shepperton Studios Categoría:Filmes de Entertainment One Categoría:Filmes de DreamWorks Categoría:Filmes de Amblin Entertainment Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX Categoría:Filmes de 2019 con versión en galego