miniatura|Condados de Francia sobre 1030. miniatura|Condados de Francia sobre 1180. O condado de Amiens foi unha división feudal de Francia que quedou unida a Valois e Vexin. O conde Gautier III, que se apoderara do vizcondado de Corbins, cuxo fillo Ermenfredo morrera e non tiña herdeiros masculinos, cedeullo a Enguerrando I de Coucy en usufruto, pero á súa morte en 1116 retornou ao ano seguinte aos herdeiros da filla de Ermenfredo, Hildegarda, e permaneceu unido a Valois e logo tamén a Vermandois ata que en 1214 pasou á coroa.

Lista de condes Casa de Vexin antes do 895 - 919: Ermenfredo de Amiens, conde de Amiens, de Vexin e de Valois. 915 - 926: Raúl I de Ostrevant (m. 926), conde de Amiens, Vexin e Valois, casado con Hildegarda, probabelmente filla de Ermenfredo. 926 - 941: Raúl II, conde de Amiens, Vexin e Valois, fillo, casado con Lietgarda. 941 - 944: Odón de Vermandois, conde de Amiens por usurpación, fillo de Heriberto II de Vermandois, expulsado en 944. 944 - 945: Herluíno (m. 945), conde de Montreuil. 945 - despois de 992: Gautier I, conde de Amiens, Vexin e Valois, probabelmente irmán de Raúl II, casado con Adela, probabelmente filla de Folque II de Anjou. antes do 998 - despois do 1017: Gautier II, conde de Amiens, Vexin e Valois, fillo, casado con Adela. antes de 1024 - 1035 : Dreux, conde de Amiens e Vexin, fillo, casado con Godfifu, filla de Aethelred II de Wessex. 1035 - 1063: Gautier III, conde de Amiens, Vexin e Maine, fillo, casado con Biota do Maine. 1063 - 1074: Raúl IV, conde de Valois, logo de Vexin e Amiens, primo (fillo de Raúl III, conde de Valois, fillo á súa vez de Gautier II), casado en primeiras nupcias con Adela de Bar-sur-Aube ou Boves, en segundas nupcias con Haquenez e en terceiras nupcias con Ana de Kíiv. 1074 - 1077: Simón (m. 1080), conde de Valois, despois de Vexin e Amiens, fillo (coa primeira muller). En 1077, Simón converteuse en monxe xusto cando ía casar. Valois pasou ao seu cuñado Heriberto IV de Vermandois (marido dunha irmá), Amiens uniuse á coroa francesa e Vexin dividiuse entre o duque de Normandía e o rei de Francia. Casa de Boves 1085 - 1116: Enguerrando de Boves ou Coucy (aproximadamente 1042 - 1116) recoñecido conde de Amiens (no vizcondado de Corbins) polo dereito da súa avoa Adela de Boves, muller de Raúl IV. 1116 - 1118: Tomé de Marle (1078 - 1130), fillo de Enguerrando de Boves. Esta parte do condado foi confiscada polo rei Lois VI de Francia; despois de ser posuído pola antiga liñaxe incorporouse á coroa en 1214. Casa de Vermandois 1118: Adelaida de Vermandois e Renaldo II de Clermont. Adelaida de Vermandois (c. 1062 - 1122), filla de Heriberto IV de Vermandois e de Adela ou Alix de Crespy, derivaba o seu dereito da nai, que era filla de Raúl IV e irmá de Simón. O seu marido Renaldo II de Clermont tomou o título iure uxoris, pero Adelaida cedeu o condado á súa filla. Casa de Clermont-en-Beauvaisis 1118 - 1146: Margarida de Clermont, filla de Adelaida e Renaldo II. Casada con Carlos de Dinamarca, conde de Flandres (m. 1127), en segundas nupcias con Hugo II de Saint-Pol (m. 1131) e en terceiras nupcias con Balduíno de Encre (que non portaría o título). Segunda casa de Boves 1146 -?: Beatriz de Saint Pol, filla de Hugo II de Saint-Pol e de Margarida de Clermont, casada con Roberto de Boves (? - 1191), señor de Boves, fillo de Tomé de Marle. Casa de Vermandois Sobre 1146 e ata 1152: Raúl I de Vermandois (Raúl V de Amiens e Valois). Recuperou parte ou todo o condado despois de 1146 e teríallo cedido á súa filla (1152)Augustin Thierry, Essais sur l'histoire de la formation du tiers état, p.209. Raúl II de Vermandois (Raúl VI de Amiens e Valois), afectado pola lepra en 1163, ao redor de 1167 deu paso á súa irmá. 1152 - 1183 Isabel de Vermandois, filla de Raúl I, casou en 1156 con Filipe de Alsacia (m. 1185). Mantivo o feudo da súa muller por cesión do rei de Francia en 1179, rexeitando os dereitos de Lionor de Vermandois, irmá de Isabel, pero en 1185 foi obrigado a ceder a esta última a parte do condado e a meirande parte do de Vermandois e Valois por presión do rei Filipe II Augusto, que negociara unha futura cesión ao seu favor dos dereitos de Lionor.Léon Vanderkindere, La Formation territoriale des principautés belges au Moyen Äge, tome I, 176. 1185 - 1214 Lionor de Vermandois, cedeu os seus dereitos á coroa francesa en 1214 e retirouse a un convento.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Condado de Valois. Condado de Vermandois. Condado de Vexin.

Categoría:Condados de Francia