Jesús Gayoso Rey, nado en Mieres (Asturias) en 1971 e finado en Logroño o 27 de marzo de 2020, foi un garda civil galego.

Traxectoria De familia de garda civís de Begonte, a pesar de nacer en Asturias onde o seu pai estaba destinado, criouse na cidade da Coruña. Gayoso ingresou na Academia Xeral Militar en 1991, e obtivo o título de tenente. Despois de traballar en Madrid, axiña se incorporou ao Grupo de Acción Rápida (GAR) da Garda Civil, a unidade de operacións especiais, que ten a súa sede en Logroño, na Rioxa, en 1996, primeiro como tenente e despois como capitán. Asumiu o seu mando en 2014, xa como tenente coronel. Participou en varias misións internacionais do GAR en Afganistán, Tunisia, Mauritania, Turquía ou Honduras.

Como mando dese grupo participou no illamento da vila de Haro durante a pandemia de coronavirus, dado que nesa vila rioxana había unha gran cantidade de casos. Aínda que non estivo directamente no sitio, crese que o contaxio a través de persoas que si estiveron causoulle a Gayoso a enfermidade, e finalmente a morte.

Notas

Categoría:Gardas civís Categoría:Nados en 1971 Categoría:Nados en Mieres Categoría:Finados en 2020 Categoría:Finados pola COVID-19 en España