Zona Sur é un filme boliviano de 2009 dirixido por Juan Carlos Valdivia. Foi filmada na zona sur dos barrios de Calacoto e La Florida, da cidade da Paz, en Bolivia. Foi escollido como candidato de Bolivia para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 82ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse Conta a situación dunha familia de clase alta e como esta lida cos conflitos internos, así como coa súa relación cos seus empregados, que son de orixe indíxena. A historia trata sobre a vida dunha nai de familia divorciada con tres fillos a quen cría pola súa conta. Na súa casa conviven cos seus empregados de raíces aimarás.
Recoñecementos O filme participou en varios festivais internacionais como o de Huelva en España, o do Novo Cinema Latinoamericano da Habana, o Festival Internacional de Cinema de Tokyo e o Festival de Cinema de Sundance de 2010, obtendo neste último os premios a mellor dirección e mellor guión na categoría internacional.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Bolivia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 82ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes en lingua aimará Categoría:Filmes de Bolivia