A Casa da Moeda de Polonia (en polaco: Mennica Polska) é unha sociedade anónima de titularidade pública, con sede en Varsovia, que ten en exclusividade a concesión da cuñaxe de moeda de curso legal e de produtos de investimento en Polonia. A compañía cotiza na Bolsa de Varsovia, o que a converte na primeira casa de moeda do mundo con esta particularidade."Current stock price". Sitio web da Casa da Moeda de Polonia.
A Casa da Moeda de Polonia é membro fundador da Federación Internacional da Medalla de Arte (FIDEM).
Historia Logo da elección de Stanislaw August Poniatowski como novo rei, encomendóuselle levar a cabo unha reforma monetaria e o establecemento dunha nova casa de moeda, para a cuñaxe de moedas de ouro, prata e cobre, así como medallas e condecoracións. Para a súa construción escolléronse en 1765 uns terreos na rúa Bielanska, en Varsovia, e en xaneiro de 1766 tróuxose desde Dresden o reputado artista Jan Filip Holzhaeusser, para se facer cargo da nova ceca, que estivo concluída en febreiro dese mesmo ano.Wiecek, A. (1993). Jan Filip Holzhaeusser, 1741-1792: Nadworny medalier króla Stanis±awa Augusta Poniatowskiego. Polskie Towarzystwo Numizmatyczne. ISBN 978-8385057161"History of the Mint of Poland: 1764-1797 Beginnings of the Mint". Sitio web da Casa da Moeda de Polonia.
esquerda|miniatura|174x174px|Marca de ceca da Casa da Moeda de Polonia nunha moeda moderna
En 1791 comezaron a utilizarse as inciais M.V. ou M.W., da locucón latina Monetaria Varsoviensis, gravadas sobre os ducados e nas moedas de prata producidas na nova ceca."Poniatowski, 10 groszy 1792 M.V. - Monetaria Varsoviensis - b. rzadkie". Onebid.pl Este sinal acabou por dar lugar a que en 1965 se fixase o monograma "m / w" como marca de ceca da Casa da Moeda de Polonia.
Como resultado da terceira partición de Polonia (1795), a Casa da Moeda quedou nas mans do Tesouro de Prusia durante catorce anos, nos que permaneceu pechada, ata que en 1810 retomou a súa actividade para cuñar moeda a nome do rei de Saxonia Frederico Augusto, que exercía o seu poder sobre o Ducado de Varsovia."History of the Mint of Poland: 1810-1868 Tsarist period". Sitio web da Casa da Moeda de Polonia.
Durante o levantamento de novembro de 1830 contra o ameazante dominio ruso, a ceca de Varsovia cuñou moeda dos insurxentes e, logo da derrota ante o exército ruso, en 1832 emitiu a primeira moeda bilingüe en ruso e polaco, co dobre valor facial de 15 kopeks / 1 zloty."Poland Zloty-15 Kopeks C# 129 1835". Numismatic Guaranty Corporation. Este feito foi o antecedente da progresiva introdución da moeda rusa en Polonia durante o Reino do Congreso, ata a substitución total da propia, o que deu lugar ao pechamento da Casa da Moeda de Polonia en 1868 polas autoridades tsaristas.
miniatura|Antigo edificio da Casa da Moeda de Polonia na rúa Zelazna, demolido en 2014
Logo da proclamación da segunda república en 1918, reactivouse a ceca de Varsovia, agora en mans do Estado polaco, e para iso inaugurouse un novo edificio en 1924. A Casa da Moeda de Polonia recibiu o monopolio da cuñaxe de moeda do novo estado e comezou a usar nas súas moedas a imaxe dunha aguia como símbolo nacional."History of the Mint of Poland: 1924-1939 The second Polish Republic". Sitio web da Casa da Moeda de Polonia.
A ocupación alemá de 1939 e 1940 deu como resultado a destrución das instalacións e a confiscación dos metais preciosos e da maior parte dos fondos do gabinete numismático que se creara en 1926. Baixo os bombardeos dos alemáns cuñáronse moedas de emerxencia en cinc para a súa circulación no territorio ocupado."5 Groszy German Occupation WW II". Numista. En 1945, logo da recuperación da liberdade, a actividade ordinaria da Casa da Moeda retomouse nun novo edificio na rúa Markowska e logo volveuse trasladar en 1952 a unhas novas instalacións na rúa Zelazna. As primeiras destas moedas de posguerra amosan a data de 1949."History of the Mint of Poland: 1939-1945 German occupation". Sitio web da Casa da Moeda de Polonia.
esquerda|miniatura|168x168px|Moeda de emerxencia cuñada en cinc durante a ocupación alemá
En 1966 produciuse a primeira cuñaxe conmemorativa da ceca polaca, en conmemoración dos 1.000 anos de Estado polaco."100 Zlotych Polish Millennium". Numista."History of the Mint of Poland: 1945-1972 Rebuilding the Mint". Sitio web da Casa da Moeda de Polonia.
En 1991 colocouse a primeira pedra da nova sede da Casa da Moeda de Polonia, que foi inaugurada o 26 de setembro de 1994 polo presidente Lech Walesa. Tamén en 1991 celebrouse o 225 aniversario da fundación da institución, coa cuñaxe dunha moeda conmemorativa, a primeira bimetálica do país."20 000 Zlotych Warsaw Mint". Numista."History of the Mint of Poland: 1990-2014 Dynamic development". Sitio web da Casa da Moeda de Polonia.
miniatura|Edificio da Casa da Moeda de Polonia, inaugurado en 2014
En 1994, a entidade tomou a forma de sociedade anónima co Tesouro do Estado como único propietario, baixo a denominación de Mennica Panstwowa S.A. (cambiado a Mennica Polska S.A. en 2005), e o 7 de abril de 1998 comezou a súa cotización na bolsa de valores de Varsovia.
En 1996 a empresa iniciou un camiño de internacionalización exportando á Casa da Moeda de Lituania, en Vilnius, discos para a cuñaxe das súas moedas, e cuñando moedas de prata para Ucraína.
Produtos e servizos
Moeda circulante polaca."The National Bank of Poland". Sitio web da casa da Moeda de Polonia. Moeda circulante de países estranxeiros: Xeorxia,"The National Bank of Georgia". Sitio web da Casa da Moeda de Polonia. Armenia,"The National Bank of the Republic of Armenia". Sitio web da Casa da Moeda de Polonia. Colombia,"The National Bank of Colombia". Sitio web da Casa da Moeda de Polonia. República Dominiacana,"The Central Bank of the Dominican Republic". Sitio web da Casa da Moeda de Polonia. e outros como Filipinas, Niue, Israel ou Venezuela."Other". Sitio web da Casa da Moeda de Polonia. Moedas en metais preciosos e outros produtos de investimento."Coins and numismatic products". Sitio web da Casa da Moeda de Polonia. Sistemas de pagamento electrónico."City card systemTM and electronic payments". Sitio web da Casa da Moeda de Polonia.
Premios acadados Esta é unha listaxe dos premios acadados polas moedas producidas na Casa da Moeda de Polonia nos últimos anos: AnoDenominación do premioEntidade que o outorgaMoeda, serie ou tema premiados1998Traballo máis perfecto.Competición Internacional de Deseño de Moeda. Oficina de Emisión de Moeda do Xapón.Moeda de 200 zloty: Fryderyk Chopin."200 Złotych F Chopin". Numista.2000Moeda de ouro de colección tecnoloxicamente máis avanzada.Conferencia Mundial de Directores de Casas de Moeda. Camberra.Moeda de 200 zloty "Ano 2000"."200 Złotych Rok 2000". Numista.Moeda de circulación tecnoloxicamente máis avanzada.Moeda de 2 zloty "Ano 2000"."2 Złote 2000 Lat". Numista.2002Moeda de ouro de colección tecnoloxicamente máis avanzada.Conferencia Mundial de Directores de Casas de Moeda. Osaka.Moeda de 200 zloty "Ano 2001"."200 Złotych Rok 2001". Numista.2004Moeda de circulación tecnoloxicamente máis avanzada.Conferencia Mundial de Directores de Casas de Moeda. San Francisco.Moeda de 2 zloty: 10 anos da Grande Orquestra de Nadal."2 Złote Great Orchestra of Christmas Charity". Numista.2006Moeda máis fermosa do ano en circulaciónConferencia Mundial de Directores de Casas de Moeda. París.Moeda de 2 zloty conmemorativa da Exposición Mundial do Xapón 2005."2 Złote Expo 2005". Numista.20082º posto á tecnoloxía orixinalCertame Internacional de Moeda Conmemorativa "Coin Constellation".Moeda de 10 zloty: 150 aniversario do nacemento de Teodor J. K. Korzeniowski."10 Złotych Konrad Korzeniowski/Joseph Conrad". Numista.2011Moeda máis inspiradora do mundo.Feira Mundial do Diñeiro.Moeda de 10 zloty: 70 aniversario do Estado Secreto Polaco."10 Złotych Polish Underground State". Numista.20122º premio de "concepto de idea única".Certame Internacional de Moeda Conmemorativa "Coin Constellation".Moeda de 10 zloty: Europa sen barreiras. 100 aniversario da Sociedade para o Coidado dos Cegos."10 Złotych Europe Without Barriers". Numista.2014Moeda de prata tecnoloxicamente máis avanzada.Conferencia Mundial de Directores de Casas de Moeda. México.Moeda de 20 rublos de Belarús: Ano do cabalo."Year of the Horse, 20 roubles, Series: Chinese Calendar ". Sitio web da Casa da Moeda de Polonia."20 Roubles Year of the Horse". Numista.Moeda tecnoloxicamente máis avanzada.Moeda de 50 dólares de Niue: "Fortuna Redux"."50 Dollars - Elizabeth II Fortuna Redux". Numista.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Casa de moeda Gabinete Numismático da Casa da Moeda de Polonia Sociedade Numismática Polaca Cuñaxe
Ligazóns externas Sitio web da Casa da Moeda de Polonia
Categoría:Casas de moeda Categoría:Moedas de Polonia Categoría:Empresas de Polonia Categoría:Historia de Polonia Categoría:Varsovia