alt=Mapa de Casiopea feito por Tycho BraheStar, coa Supernova de 1572 etiquetada como I. Nuoa stella.|miniatura|Mapa de Casiopea feito por Tycho Brahe, coa Supernova de 1572 etiquetada como I. Nuoa stella.
SN 1572 é o nome dado á supernova observada no 1572 por Tycho Brahe na constelación de Casiopea. Na actualidade é coñecida sobre todo como SN 1572 mais tamén como a supernova de Tycho ou B Cassiopeiae (B Cas). Foi unha supernova de Tipo Ia, unha das oito das que hai rexistros a ollo nu. Xurdiu en novembro de 1572 e foi notada por Brahe entre outros. Os restos foron observados de xeito óptico, pero sobre todo en lonxitudes de onda de radio. Como radiofonte é coñecida como 3C 10.
A súa aparición colócase entre as observacións máis importantes efectuadas na historia da astronomía, pois axudou a revisar os antigos modelos celestes, acelerando o cambio na astronomía e a súa revolución, comezando pola necesidade de elaborar mellores catálogos estelares (que necesitaron mellores instrumentos) e a confrontación do dogma aristotélico de inmutabilidade do ceo na esfera das estrelas.
Notas
Categoría:Astronomía observacional