Bloodride é unha serie de televisión norueguesa creada por Kjetil Indregard e Atle Knudsen e lanzada a través de Netflix no ano 2020.

Sinopse A serie segue os acontecementos dun grupo de persoas unidas só polo feito de que viaxan no mesmo autobús perturbador. Cada episodio conta a historia dun grupo de pasaxeiros, mesturando un sutil humor negro coa inquietude e o sobrenatural.

Episodios A primeira tempada está composta por 6 episodios, cada un cunha historia independente.

Distribución O primeiro tráiler foi lanzado o 3 de marzo de 2020. A serie estreouse completamente por Netflix o 16 de marzo de 2020.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Series de televisión de Noruega Categoría:Series de televisión en lingua norueguesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2020 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2020