FAISAT 2V (acrónimo de Final Analysis Inc. Satellite 2V) é un satélite de comunicacións da empresa Final Analysis Inc. lanzado o 23 de setembro de 1997 mediante un foguete Kosmos 3M desde o cosmódromo de Plesetsk.

Características FAISAT 2V foi lanzado como sucesor do primeiro FAISAT. O plans da empresa era lanzar unha constelación de 26 satélites operativos, con 4 de reserva e dous de proba, FAISAT e FAISAT 2V. Tiña unha masa de 114,5 kg e estaba baseado no bus 21KF2, desenvolvido para os satélites Nadezhda-M. FAISAT 2V traballaba nas bandas de VHF e UHF e levaba tamén un transpondedor VITA, desenvolvido para axudar a persoas en países en desenvolvemento a recoller e transferir información. Despois do lanzamento un fallo fixo que o satélite perdera a comunicación con terra. Despois do fracaso de FAISAT 2V a constelación de satélites non chegou a despregarse.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Kosmos 3M FAISAT

Categoría:Satélites artificiais