A Casa de Moeda de México (OM pola súa marca de ceca) é un órgano descentralizado do Goberno federal mexicano, dependente da Secretaría de Facenda e Crédito Público, responsable da cuñaxe das moedas de curso legal no país consonte os parámetros que establezan os decretos do Congreso da Unión e as ordes de cuñaxe do Banco de México.​ "Ley de la Casa de Moneda de México ". Congreso de la Unión.

Fundouse en 1535 e é a máis antiga de América.Historia de la moneda y del billete en México. Banco de México. Setembro de 2019.

Historia

Fundación e etapa do vicerreinado A Real Casa de Moeda de México (ou Ceca de México), dependente da Coroa española, foi establecida mediante a Real cédula do 11 de maio de 1535, executada polo vicerrei Antonio de Mendoza."Nuestra Casa". Casa da Moeda de México. Inicialmente instalouse nas denominadas "Casas vellas de Moctezuma", propiedade de Hernán Cortés.Lozada León, G. (2014). "La vieja Casa de la Moneda. Un bello recinto del siglo XVIII en el centro histórico de la Ciudad de México". En Relatos e historias en México. Nº 69. Páxinas 16-21. Porén, en 1536 decidiuse a construción dun edificio acaroado ao Pazo do Vicerreinado (hoxe Museo Nacional das Culturas do Mundo), na rúa que, por tal motivo, acabou por chamarse "da Moeda"."La moneda virreinal". En Historia de la moneda y del billete en México. Banco de México. Setembro de 2019. Páxinas 3-7.

A Casa da Moeda funcionou durante máis de dous séculos mediante concesión a persoas, que adquirían os oficios de tesoureiro, ensaiador, tallador, escribán, xuíz de balanza, alcalde ou alguacil. A ceca limitábase a cuñar a moeda e a entregarlla aos seus donos logo de deducir os correspondentes dereitos de operación e de señoriaxe (ou beneficio do goberno derivado da emisión).

Desde a súa fundación, a Casa de Moeda de México produciu moedas (como o real de oito) que, en recoñecemento da súa calidade e boa lei, traspasaron as fronteiras mexicanas e circularon como medio de cambio internacional nos séculos XVII, XVIII e XIX en moi diversas partes do mundo, como os reinos de Europa Occidental, Xapón e a China, e os Estados Unidos, onde se deu en chamar "dólar español" (Spanish dollar).Valdéz Lakowski, V. (1987).Babones, S. "'The Silver Way' Explains How the Old Mexican Dollar Changed the World". En The National Interest. 30 de abril de 2017.Vidal Liy, M. "China y la América Española: historia de una globalización". En El País. 17 de xuño de 2017.​

O metal máis cuñado nesta ceca foi a prata, extraída das minas mexicanas, aínda que a partir de 1679 comezaron a cuñarse tamén cantidades limitadas de ouro. O cobre utilizouse só na primeira época de operacións da ceca e, posteriormente, despois de 1814 no contexto da crise provocada pola revolución de independencia.

miniatura|180x180px|Real de prata a nome de Xoana e Carlos da Casa da Moeda de México

As primeiras moedas, de prata, corresponden á época do reinado de Carlos e Xoana (Carlos I de España e a súa nai, Xoana I de Castela). Nos anversos destas primeiras emisións amósase un escudo con castelos e leóns xunto cos nomes dos reis, e no reverso as Columnas de Hércules. Estas moedas cuñáronse en dúas series: a primeira (1536-1542) cunhas columnas sinxelas e a segunda (1542-1572) coas columnas adobiadas cunhas ondas mariñas.Escalona Ruiz, D. (2014). "Carlos y Juana". En Revista Mensual Museo Soumaya."Las monedas de “Carlos y Juana”". En Monedas de México.De Francisco Olmos, J. M. (2005). "La evolución de la tipología monetaria en Castilla y América durante el siglo XVI. 4. La Moenda indiana de Carlos y Juana". En IV Jornadas Científicas sobre Documentación de Castilla e Indias en el siglo XVI. Páxinas 120-124. ISBN 84-689-3804-1

miniatura|182x182px|Reverso dun columnario de 1759 da Casa de Moeda de México

En 1572 Filipe II de España introduciu na moeda a impresión dunha cruz e as armas do reino, que se mantiveron ata a aparición en 1732 do tipo columnario, que presentaba dous globos terrestres sobre ondas mariñas, cunha coroa real enriba, flanqueadas polas Columnas de Hércules, de onde colleron o seu nome. As moedas columnarias foron sucedidas en 1773 polas chamadas "de busto", por teren a efixie dos reis de España nos seus anversos.

A moeda base do sistema monetario de prata era o real de oito ou peso, complementado con outras denominacións inferiores de 4 reais, 2 reais, 1 real e ½ real. En ouro, os valores eran os oito escudos ou onza, 4 escudos, dous escudos e 1 ecudo.

O mineral traído das minas era examinado primeiramente polo ensaiador para certificar a súa pureza. A fundición facíase nun forno de crisol e posteriormente vertíase o metal en moldes. As barras resultantes eran aplanadas sobre unha bigornia e logo recortábanse para obter discos da forma aproximada das moedas. A cuñaxe foi inicialmente artesanal, a golpe de martelo sobre os cuños. O resultado eran moedas irregulares, que se chamaban coloquiamente macuquinas, cos bordos recortados, que logo de cuñadas eran pesadas novamente e revisadas polo ensaiador, en presenza do tesoureiro e do escribán, e despois entregadas aos seus donos.

miniatura|Máquinas laminadoras de prata conservadas na Casa da Moeda de Bolivia, similares ás que existían na Casa de Moeda de México.

En 1732 a Coroa tomou a administración directa da Casa da Moeda. A patrtir dese momento, a institución pasou a comprar a prata aos subministradores, e as moedas que se producían pertencían á Real Facenda. Entre os superintendentes desa éopca coñécense as identidades de José Fernández de Veytia Linage (1733-1739), Gabriel Fernández Molinillo (1739-1751), Pedro Núñez de Villavicencio (1751-1778), Fernando José Mangino (1778-1787), Francisco Fernández de Córdova (1787-1815) e Rafael de Lardizábal (1815-1829).

A partir da administración directa da man da Real Facenda introduciuse na ceca nova maquinaria, entre a que cómpre salientar grandes muíños de laminaxe para aplanar as barras e prensas de volante que permitiron a cuñaxe de pezas circulares uniformes, cunha gravación perimetral nos cantos. Para a instalación destes novos equipamentos realizáronse diversas ampliacións e modificacións no edificio, baixo a dirección de Nicolás Peinado Valenzuela.

miniatura|Documento que amosa a relación de moedas de ouro e prata cuñadas en 1785 na Casa de Moeda de México.

En 1778 nomeouse a Jerónimo Antonio Gil como tallador maior, a quen se lle encargou ademais establecer unha escola de gravado na Casa da Moeda. O éxito acadado por esta escola levou a Gil a propor a creación en 1781 da Academia de San Carlos, que inicialmente se constituíu na mesma ceca, ata que en 1791 se trasladou a unhas instalacións propias no antigo Hospital del Amor de Dios.

O erudito alemán Alexander von Humboldt visitou a Casa da Moeda en 1803 e describiuna no seu Essai politique sur le royaume de la Nouvelle-Espagne ("Ensaio político sobre o reino da Nova España"), de 1811, como "a máis grande e rica en todo o mundo". Engade Humboldt que malia non destacar pola perfección das súas máquinas ou dos procesos industriais, era moi digna de atención "pola orde, a actividade e a economía que reinaba en todas as operacións de cuñaxe".Humboldt, A. (1827 - 2ª ed.). Essai polotique sur le royaume de la Nouvelle-Espagne. Tomo IV. Capítulo XII. París. Páxina 22. Naqueles anos, a ceca mexicana producía máis de trinta millóns de pesos anuais e traballaban nela arredor de 400 empregados, ademais dos artistas gravadores e dos administrativos.

A guerra de independencia provocou unha fonda crise na Casa da Moeda, debido ao abandono de moitas das minas e á dificultade de transportar o metal por camiños moi perigosos ata a capital do vicerreinado. Isto levou as autoridades a establecer casas de moeda provinciais en Sombrerete, Zacatecas, Durango, Chihuahua, Real de Catorce, Valladolid, Guadalaxara, Guanajuato, Nueva Vizcaya e Oaxaca, que cuñaron de xeito episódico moedas de emerxencia ou obsidionais, de calidade e lei desiguais. Entre 1813 e 1820, a única ceca autorizada para cuñar moedas de ouro foi a de Guadalaxara. O monopolio que tivera ata entón a capital da cuñaxe de ouro concluíu e nunca se restableceu.González Gutiérrez, P. (1997).

Os insurxentes realizaron tamén en distintos períodos as súas propias emisións de moeda, en prata e en cobre, de calidade irregular, e tamén reselaron a moeda emitida pola ceca oficial.

México independente Logo da independencia de México, a ceca pasou a denominarse durante pouco tempo Imperial Casa de Moeda de México e, posteriormente, Casa Nacional de Moeda. As cecas provinciais pasaron a ser subsidiarias da da Cidade de México. Ao se recuperar a produción mineira creáronse novas cecas en Álamos, Culiacán, Guadalupe, Calvo, Hermosillo, Tlalpan, San Luis Potosí e Zacatecas, á parte doutras xa aparecidas durante a guerra. Estas cecas funcionaban, comunmente, por concesión ou arrendamento a particulares, aínda que os tipos das moedas e as súas denominacións mantiveron uniformidade."La moneda de la Independencia", "La moneda del Primer Imperio (1822-1823) e "La moneda republicana". En Historia de la moneda y del billete en México. Banco de México. Setembro de 2019. Páxinas 8-13.

En 1847, o Goberno alugoulle a Casa de Moeda a unha compañía privada inglesa, a MacKintosh Mint Company, que tamén explotou en distintos momentos as cecas de Guanajuato, Zacatecas, Guadalupe e Calvo (ao sur de Chihuahua). Esta empresa adquiriu maquinaria inglesa propulsada por vapor. A produción trasladouse á chamada Casa del Apartado (actual Museo Numismático Nacional) e ambas as institucións uniron os seus procesos produtivos nun só establecemento, chamado Casa de Moneda y Apartado de México. A situación da Casa da Moeda en mans de entidades privadas e fóra do control directo do Goberno mantívose ata 1893."Breve historia de la Casa de Moneda de México". Casa de Moneda de México.

Durante ese período, cun decreto do presidente Benito Juárez, a Casa de Moeda adoptou o 15 de marzo de 1861 a división do peso mexicano consonte o sistema métrico decimal.Canudas Sandoval, E. (2005). Páxina 802."La moneda republicana (sistema decimal)". En Historia de la moneda y del billete en México. Banco de México. Setembro de 2019. Páxina 15.

miniatura|180x180px|Moeda de ouro de 20 pesos a nome do emperador Maximiliano I.

Logo do establecemento do segundo Imperio Mexicano (1863-1867), a Casa de Moeda cuñou moedas co perfil do emperador Maximiliano e a lenda MAXIMILIANO EMPERADOR no anverso, e IMPERIO MEXICANO no reverso. Posteriormente, co restablecemento da República cuñouse o escudo nacional no anverso, en tanto que o reverso portaba o lema REPÚBLICA MEXICANA."La moneda del Segundo Imperio". En Historia de la moneda y del billete en México. Banco de México. Setembro de 2019. Páxina 14.

miniatura|180x180px|Peso de 1869, coa lenda REPUBLICA MEXICANA

Existía en México unha corrente de opinión que reclamaba o retorno das casas de moeda á administración directa do Estado. En decembro de 1871 Benito Juárez proclamou un decreto polo cal quedaba prohibido o alugamento das cecas e a renovación dos contratos daquela existentes, pero non puido cumprirse pola morte do presidente e os graves problemas fiscais existentes.Canudas Sandoval, E. (2005). Páxinas 815-816.

O 30 de xuño de 1895 un decreto do presidente Porfirio Díaz, promovido polo secretario de Facenda José Yves Limantour, deu por concluídos todos os contratos de arrendamento das cecas mexicanas, e o 15 de xullo do mesmo ano o Congreso aprobou un decreto polo que só continuarían abertas as casas de moeda de México (co rango de dirección xeral), Culiacán, Guanajuato e Zacatecas.Canudas Sandoval, E. (2005). Páxina 826.

Séculos XX e XXI