Castets et Castillon (en occitano Castèths e Castilhon) é un concello francés situado no departamento de Xironda na rexión de Nova Aquitania formado o 1 de xaneiro de 2017 pola unión das antigas entidades municipais de Castets-en-Dorthe (Castèths Andòrta) e Castillon-de-Castets (Castilhon de Castèths). Cunha superficie de 13,16 km2 e unha poboación de 1452 habitantesINSEE a súa capital sitúase en Castets-en-Dorthe.
Xeografía O concello localízase no sueste da Xironda no distrito de Langon (Lengon), a uns sete quilómetros da capital do distrito e a corenta de Bordeos, capital do departamento. A canle lateral do Garona atravesa o concello ao igual que a estrada departamental 224.
Notas
Categoría:Concellos do departamento de Xironda