O crioulo das Seychelles é unha lingua crioula baseada no francés que se fala nas Seychelles. É lingua oficial do país xunto co inglés e o francés (en contraste co crioulo de Mauricio e co crioulo de Réunion, que non son oficiais nos seus territorios). Segundo datos de 1998 tiña 73 000 falantes.Ethnologue

Descrición Após acadar a independencia en 1976, o goberno das Seychelles quixo darlle pulo á lingua. Para iso creou o Lenstiti Kreol, que fixou a ortografía e a gramática.

Lingua Palabra Crioulo Nou tou bezwen travay ansanm pou kree nou lavenir Francés (AFI) /nu‿z/ /a.vɔ̃/ /tus/ /bə.zwɛ̃/ /də/ /tʁa.va.je/ /ɑ̃.sɑ̃bl/ /puʁ/ /kʁe.e/ /nɔtʁ/ /av.niʁ/ Francés Nous avons tous besoin de travailler ensemble pour créer notre avenir Galego Nós temos (todos) a necesidade de traballar xuntos para crear o noso futuro

En moitas das palabras do crioulo das Seychelles derivadas do francés, o artigo determinado (le, la e les) pasou a formar parte da propia palabra; por exemplo, 'futuro' é lavenir (en francés l'avenir). O determinante posesivo é o mesmo que o pronome persoal, polo que 'o noso futuro' é nou lavenir. Algo semellante acontece no plural, les Îles Éloignées Seychelles en francés ('as illas exteriores das Seychelles') pasan a ser Zil Elwanyen Sesel en crioulo. Nótese que o z en Zil, como en francés, les Îles pronúnciase /le.z‿il/.

Exemplo (Nosopai) En crioulo das Seychelles En galegoOu, nou papa ki dan lesyel, Fer ou ganny rekonnet konman Bondye. Ki ou renny i arive. Ki ou lavolonte i ganny realize Lo later parey i ete dan lesyel Donn nou sak zour nou dipen ki nou bezwen. Pardonn nou pour bann lofans Ki noun fer anver ou, Parey nou pardonn sa ki n ofans nou. Pa les tantasyon domin nou, Me tir nou dan lemal.Noso Pai que estás no ceo: santificado sexa o teu nome, veña a nós o teu reino e fágase a túa vontade aquí na terra coma no ceo. O noso pan de cada día dánolo hoxe; e perdóanos as nosas ofensas como tamén perdoamos nós a quen nos ten ofendido; e non nos deixes caer na tentación, mais líbranos do mal.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía D'Offay, Danielle & Lionnet, Guy, Diksyonner Kreol - Franse / Dictionnaire Créole Seychellois - Français. Helmut Buske Verlag, Hamburg. 1982. .

Ligazóns externas Lenstiti Kreol Sesel Listaxa de vocabulario en crioulo das Seychelles na World Loanword Database

Categoría:Linguas crioulas de base francesa Categoría:Linguas das Seychelles