Alloteuthis é un xénero de molusco cefalópodo da subclase dos coleoideos, superorde dos decapodiformes, orde dos téutidos, suborde dos miopsinos e familia dos lolixínidos (luras).Alloteuthis Wülker, 1920 no WoRMS.
Até hai poucos anos foi considerado como un subxénero de Loligo.Subgenus Alloteuthis Wülker, 1920 en BioLib.
Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1920 polo zoólogo alemán Gerhard Wülker, no seu traballo "Über Cephalopoden des Roten Meeres". Senckenbergiana 2: 48–58.
Etimoloxía O nome científico Alloteuthis está formado polos elementos do latín científico allo-, e -teuthis. O primeiro deriva do grego antigo ἄλλος állos, "outro", "diferente",allo- no Online Etymolology Dictionary.allo- no Merriam-Webster Dictipnaty. e o segundo do grego antigo τευθίς teuthís, "pequena lura", empregado paa formar os nomes dalgúns cefalópodos. Literalmente: "as outras pequenas luras".
Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero oneceuse tamén polos sinónimos: Acrololigo Grimpe, 1921 Acroteuthis Berry, 1913 (inválido) Acruroteuthis Berry, 1920 Loligo (Alloteuthis) Wülker, 1920 Teuthis J. G. Schneider, 1784 (inválido, por ser un homónimo junior de Teuthis Linnaeus, 1767)
Especies Na actualidade (2020) recoñécense no xénero as seguintes tres especies: Alloteuthis africana Adam, 1950 Alloteuthis media (Linnaeus, 1758), a especie tipo Alloteuthis subulata (Lamarck, 1798)
En Galicia Nas augas galegas están presentas as dúas especies de distribución europea, Alloteuthis media e A. subulata.Espe Abuín: Leyendo el «código de barras» de los cefalópodos gallegos. La Voz de Galicia, 10-04-2018.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Gofas, S.; Le Renard, J.; Bouchet, P. (2001): "Mollusca". En: Costello, M. J. et al. eds. European Register of Marine Species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Museo Nacional de Historia Natural de Francia. Patrimoines Naturels 50: 180-213. Jereb, P.; Vecchione, M. & Roper, C. F. E. (2010): "Family Loliginidae". En P. Jereb & C. F. E. Roper, eds. Cephalopods of the world. An annotated and illustrated catalogue of species known to date. Volume 2. Myopsid and Oegopsid Squids. FAO Species Catalogue for Fishery Purposes. Nº 4, Vol. 2. Roma: FAO.
Outros artigos Cefalópodos Téutidos Lolixínidos
Categoría:Cefalópodos Categoría:Moluscos de Europa Categoría:Moluscos de Galicia Categoría:Moluscos de África Categoría:Produtos da pesca