Gregorio Hernández Matías, coñecido como Gregorio H. Matías, nado en Belorado, foi un avogado, político, xornalista e escritor español.

Traxectoria Procurador dos tribunais. Instalado en Salamanca, colaborou en El Fomento de Salamanca e El Charro, foi redactor de El Castellano e dirixiu a revista Salamanca Satírica; foi concelleiro republicano e logo alcalde da cidade (1905). Despois marchou a Béjar, onde estreou a revista Películas bejaranas en 1910,El Defensor del Contribuyente, 15-9-1910, p. 13. e dirixiu El Noticiero (1912-1914).La prensa pedágógica de Béjar (1874-1936) Foi redactor de Diario de Burgos.Diario de Burgos, 16-1-1926, p. 6. Trasladouse a Tui en xullo de 1929 por mor da enfermidade da súa muller,Diario de Burgos, 20-7-1929, p. 2. e alí exerceu como procurador.El Pueblo Gallego, 13-11-1929, 8. Colaborou en Faro de Vigo e dirixiu o semanario Hoy de Tui en 1935. No franquismo publicou algúns poemas e colaboracións en Martín Codax, El Adelanto de Salamanca,"España", El Adelanto, 12-10-1940, p. 4."Santa Teresa", El Adelanto, 15-10-1941, p. 5."Nieve", El Adelanto, 18-2-1948, p. 4. Hoja Oficial del Lunes e El Pueblo Gallego.El Pueblo Gallego, 25-6-1953, p. 6.

Vida persoal

Casou con Enriqueta Antón Martín, que finou en Tui en 1931.El Pueblo Gallego, 17-3-1931, 8. O seu irmán Antonio Hernández Matías foi reitor do Seminario e director do Museo Diocesano e Catedralicio de Tui.Lembranza de D. Antonio Hernández Matias Notas

Categoría:Xornalistas de Castela e León Categoría:Nados en Belorado