A pandemia por coronavirus de 2019–2023 é unha pandemia global actual de doenza do coronavirus 2019 (COVID-19) causada polo coronavirus 2 da síndrome respiratoria aguda severa (SARS-CoV-2). O virus foi identificado por vez primeira en Wuhan, na provincia chinesa de Hubei, en decembro de 2019, estendéndose finalmente a cada provincia do país. O 11 de marzo de 2020, a Organización Mundial da Saúde declarou o abrocho como unha pandemia. A data do 13 de agosto, máis de 20 millóns de casos foron confirmados en máis de 200 países e territorios, co maior número de casos nos Estados Unidos, Brasil, India, Rusia, Suráfrica, Perú, México, Colombia, Chile, España, Irán e o Reino Unido. Máis de 13 millóns de persoas conseguiron recuperarse da doenza e máis dun millón morreron. miniatura|Con motivo da pandemia da COVID-19 as autoridades sanitarias de todo o mundo lanzaron mensaxes de como actuar para previr a enfermidade ou que facer de ter síntomas con mensaxes en televisión, radio, Internet e nas rúas. Na imaxe un decálogo das autoridades sanitarias de Galicia de como actuar no caso de ter síntomas exposto nun comercio galego.|300x300px A transmisión do virus entre as persoas é semellante á da gripe, a través das vías respiratorias por tusir ou esbirrar. O tempo entre a exposición e a aparición dos primeiros síntomas é polo xeral de cinco días, mais pode variar dende os dous ós catorce días. Os síntomas máis comúns son febre, tose e falta de alento. As complicacións poden incluír pneumonía e síndrome de dificultade respiratoria aguda. No presente, non existe unha vacina ou tratamento antiviral específico, mais estanse a facer investigacións. Os esforzos están dirixidos a controlar os síntomas e coidados de apoio. As medidas preventivas recomendadas inclúen a hixiene das mans, manter a distancia con outras persoas (particularmente aquelas que estean enfermas), e a monitorización e illamento durante catorce días das persoas sospeitosas de estaren infectadas.

A resposta das autoridades sanitarias en todo o mundo inclúe medidas como as restricións de viaxes, corentenas, toques de queda e peches de colexios. Isto supuxo a corentena de toda Italia e da provincia chinesa de Hubei; toques de queda na China e en Corea do Sur; métodos de detección en aeroportos e estacións de tren; e advertencias de viaxes a rexións con transmisión comunitaria. As escolas foron pechadas a nivel local ou nacional en máis de 190 países, afectando a máis do 90% dos estudantes do mundo.

Os efectos mundiais da epidemia implicaron inestabilidade política e social, xenofobia e racismo contra persoas de ascendencia chinesa ou de Asia oriental, e a difusión en liña de desinformación e teorías da conspiración sobre o virus e a súa orixe.

Historia miniatura|300px|Extensión da pandemia o 13 de agosto de 2020.  + 10 000 casos confirmados por millón   3 000–10 000 casos confirmados por millón   1 000–3 000 casos confirmados por millón   300–1 000 casos confirmados por millón   100–300 casos confirmados por millón   >0–100 casos confirmados por millón   Sen casos confirmados ou sen datos miniatura|300px|upright=1.8|Casos confirmados por país trazado nunha escala logarítmica Existen diversas teorías sobre onde apareceu o primeiro caso, ou paciente cero. O primeiro caso coñecido data o 1 de decembro de 2019 na cidade chinesa de Wuhan

Unha teoría, sen confirmar, citando documentos gobernamentais chineses, suxire que a primeira vítima foi un home de 55 anos que enfermou o 17 de novembro de 2019 No mes seguinte o número de casos de coronavirus en Hubei aumentaron gradualmente a un par de centos, antes de experimentar un rápido incremento en xaneiro de 2020. O 31 de decembro de 2019, o virus causara os suficientes casos dunha pneumonía descoñecida como para informar ás autoridades sanitarias en Wuhan, a capital da provincia de Hubei , para iniciar unha investigación. Na súa maior parte os casos estaban relacionados co mercado para grosistas de produtos do mar de Huanan, onde tamén se vendían animais vivos; xa que logo pénsase que teña unha orixe zoonótica.

Durante os primeiros estadios, o número de casos dobrábase aproximadamente cada sete días e medio . Ao longo da primeira quincena de xaneiro o virus espallouse por outras provincias chinesas coa axuda dos movementos de poboación por mor da celebración do ano novo chinés, e máis sendo Wuhan un importante centro de comunicacións, e rapidamente a infección propagouse ao longo do territorio chinés. O 20 de xaneiro, China informou de case 140 casos novos nun día, incluíndo dous en Pequín e un en Shenzhen. Posteriormente informouse que o 20 de xaneiro xa 6.174 persoas desenvolveran síntomas

O 10 de xaneiro, seguindo informes das autoridades chinesas, a OMS aconsellou os viaxeiros tomar precaucións ao viaxar a ou dende a área afectada, entón a cidade de Wuhan aínda que desaconsellou aplicar restricións comerciais ou turísticas coa China. O 12 de xaneiro, seguindo información da Comisión Nacional de Saúde chinesa, a OMS informou que non existía evidencia de transmisión entre humanos. O 24 de xaneiro, a OMS recomendou controis de saída e entrada pero amosouse en contra da aplicación de restricións do tráfico internacional.

O 30 de xaneiro a OMS declarou a epidemia Emerxencia de Saúde Pública de Ámbito Internacional. O 24 de febreiro o director da OMS Tedros Adhanom avisou que o virus podería virar en pandemia global polo aumento de casos fóra da China.

O 11 de marzo a OMS declarou oficialmente pandemia á epidemia de coronavirus tras un período de aumento sostido da transmisión en múltiples rexións do mundo. O 13 de marzo a OMS declarou que Europa era o novo centro da pandemia logo que a velocidade de novos casos europeos superara o das outras rexións do mundo, agás China. O 19 de marzo, China informou da aparición de novos casos locais mentres o número de mortes en Italia superaba ás da China.

A 13 de agosto de 2020 había máis de 20 millóns de casos confirmados no mundo, máis de 750 000 mortos e máis de 13 millóns de recuperados. Os Estados Unidos convertéronse en abril no primeiro país en casos confirmados do mundo, superando á China e a Italia.

Resposta internacional Restricións das viaxes miniatura|300px|upright=2.27|Países que prohibiron a entrada de visitantes estranxeiros (en vermello) Como resultado da pandemia, moitos países e rexións impuxeron corentenas ou prohibicións de entrada para cidadáns ou visitantes das zonas máis afectadas pola enfermidade.

A Unión Europea rexeitou a idea de suspender a zona de libre circulación e introducir controis fronteirizos con Italia "Coronavirus: EU rules out Schengen border closures amid Italy outbreak". Deutsche Welle, 24 de febreiro de 2020, polo que recibiu críticas por parte de dalgúns políticos europeos "Salvini and Le Pen Don't Have a Coronavirus Cure". Bloomberg News. 25 de febreiro de 2020. Despois dalgúns estados membros pecharen totalmente as súas fronteiras nacionais a cidadáns foráneos "Coronavirus: Some Of These 24 European Countries Have Closed Their Borders To Tourists". Forbes, 14 de marzo de 2020 a presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen afirmou que determinados controis poderían estar xustificados pero que en xeral a prohibición de viaxar non semellaba o máis efectivo segundo a OMS "Denmark, Poland and Czechs seal borders over coronavirus". Financial Times, 12 de marzo de 2020. Os Estados Unidos suspenderon a circulación de persoas procedentes da zona Schengen e posteriormente tamén da Common Travel Area "Proclamation—Suspension of Entry as Immigrants and Nonimmigrants of Certain Additional Persons Who Pose a Risk of Transmitting 2019 Novel Coronavirus" . White House, 11 de marzo de 2020.

Evacuación de cidadáns estranxeiros miniatura|Ucraína evacúa cidadáns ucraínos e estranxeiros de Wuhan Por mor da efectiva corentena do transporte público en Wuhan e en toda a provincia de Hubei, varios países puxeron en marcha plans para evacuar os seus cidadáns e o persoal diplomático da zona, especialmente por medio de voos chárter. O Canadá, os Estados Unidos, O Xapón, A India, Francia, Australia, O Xapón, Sri Lanka, Alemaña e Tailandia estiveron entre os primeiros en planear a evacuación dos seus cidadáns * * * * * * . O 7 de febreiro, O Brasil evacuou 34 brasileiros, ou os seus familiares, ademais de catro polacos, un chinés e un hindú. Nese día tamén 215 canadenses (176 nunha primeira aeronave, e 39 nunha segunda provista polo goberno norteamericano) foron evacuados ao Canadá. O 11 de febreiro, outro avión con 185 canadenses de Wuhan aterrou no Canadá"2nd plane carrying Canadian evacuees from Wuhan, China arrives at CFB Trenton". Global News, 11 de febreiro de 2020.

As autoridades australianas evacuaron 277 cidadáns o 3 e 4 de febreiro cara ao centro de detención da Illa de Nadal. Un voo de evacuación de Nova Zelandia chegou a Auckland o 5 de febreiro e o 15 de febreiro, os Estados Unidos anunciaron que habían evacuar os norteamericanos no barco de cruceiro Diamond Princess. O 21 de febreiro un avión con 129 canandenses evacuados do Diamond Princess aterrou en Trenton (Ontario) . A primeiros de marzo, o goberno hindú comezou a evacuar os seus cidadáns de Irán

O 14 de marzo un avión de South African Airways fretado polo goberno surafricano repatriou 114 dos seus cidadáns, deixando na China a catro persoas con síntomas para mitigar os riscos

Respostas nacionais miniatura|Médico durante a pandemia en 2020 en San Salvatore, Italia. Un total de 188 países e territorios informaron de cando menos un caso de COVID-19. Por mor da pandemia en Europa moitos países do espazo Schengen restrinxiron a liberdade de movementos e estableceron controis nas fronteiras. As reaccións nacionais inclúen medidas de contención como corentenas e toques de queda

A 26 de marzo arredor de 1 700 millóns de persoas estaban baixo algunha forma de confinamento que aumentou a 3900 millóns na primeira semana de abril, o que supón máis da metade da poboación mundial.

A finais de abril, uns 300 millóns de persoas estaban baixo toque de queda en Europa, incluíndo Italia, España, Francia ou Reino Unido. Mentres en América latina eran 200 millóns. Nos Estados Unidos eran outros 300 millóns, o 90% da poboación, 100 millóns en Filipinas, 59 millóns en Suráfrica e 1.3 millóns na India. O 21 de maio informáronse de 100 000 novas infeccións nas últimas 24 horas, a meirande cifra desde que principiou a pandemia, superándose os 5 millóns de casos.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Pandemia por coronavirus de 2020 en Galicia Pandemia de COVID-19 por territorios Ligazóns externas World Health Organization: COVID-19 (Questions & Answers) Singapore Ministry of Health: COVID-19 (Q&A ) European Centre for Disease Prevention and Control: COVID-19 (Q&A) China National Health Commission: COVID-19 U.S. Centers for Disease Control: COVID-19 (Q&A) Mapa interactivo do Johns Hopkins Corinavirus Resource Center

Categoría:Pandemia da COVID-19