Caché é un filme de 2005 escrito e dirixido por Michael Haneke e protagonizado por Daniel Auteuil e Juliette Binoche. É unha coprodución internacional entre Austria, Italia, Alemaña e Francia. O filme conta a historia dunha parella francesa de clase media, Georges (Auteuil) e Anne (Binoche), que están aterrorizados por unhas cintas de vídeo anónimas que aparecen diante da súa porta e semellan amosar que a familia está baixo vixilancia. As pistas nos vídeos sinalan ós recordos da infancia de George, e á súa resistencia a que os seus pais adoptasen un neno alxeriano orfo chamado Majid, quen foi enviado lonxe. As cintas condúceno até Majid (Maurice Bénichou), sendo agora adulto.
Foi escollido como candidato de Austria para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 78ª edición dos premios, mais foi descualificado.
Personaxes Juliette Binoche como Anne Laurent Daniel Auteuil como Georges Laurent Maurice Bénichou como Majid Lester Makedonsky como Pierrot Laurent Walid Afkir como fillo de Majid Annie Girardot como nai de Georges Daniel Duval como Pierre Bernard Le Coq como xefe de Georges Nathalie Richard como Mathilde Denis Podalydès como Yvon Aïssa Maïga como Chantal Philippe Besson como convidado na televisión
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Austria propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 78ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Austria Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Michael Haneke Categoría:Filmes de Sony Pictures Classics Categoría:Filmes rodados en Viena Categoría:Filmes rodados en París Categoría:Filmes ambientados en París