Atmen é un filme austríaco de 2011 escrito e dirixido por Karl Markovics. O filme conta a historia dun recluso de 19 anos nun centro de detención para menores, cunha solicitude de liberdade condicional pendente, que é desafiado a reconsiderar a súa identidade por un traballo nun depósito de cadáveres. Está protagonizado por Thomas Schubert, Karin Lischka e Gerhard Liebmann, e estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2011. Schubert gañou o premio ó mellor actor na 17ª edición do Festival de Cinema de Saraxevo pola súa interpretación, outorgado por Angelina Jolie.

O filme foi escollido por Austria para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 84ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Personaxes Thomas Schubert como Roman Kogler Karin Lischka como Margit Kogler Gerhard Liebmann como Walter Fakler Georg Friedrich como Rudolf Kienast Georg Veitl como Jürgen Hefor Stefan Matousch como Gerhard Schorn Klaus Rott como Leopold Wesnik Martin Oberhauser como garda da prisión Reinhold G. Moritz como Josef Kallinger Luna Mijović como Mona Elena Dörfler como filla de Walter Fakler, Roberta

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Austria propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 84ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes de Austria