miniatura|Escudo do condado de Artois Roberto I de Artois o Bo, nado en 1216 e finado en El-Mansura, Exipto, en 1250, foi príncipe de Francia e conde de Artois (1237 - 1250), condado que o seu pai lle entregou e do que foi o primeiro conde.

Traxectoria

Orixes familiares Foi o terceiro fillo do rei Lois VIII de Francia e da súa muller Branca de Castela. Era neto por liña paterna de Filipe II de Francia e Isabel de Hainault, e por liña materna de Afonso VIII de Castela e Lionor de Inglaterra. Era irmán dos reis Lois IX de Francia e Carlos I de Nápoles.

Matrimonio e descendentes Casou o 14 de xuño de 1237 en Compiègne con Matilde de Artois, filla de Henrique II de Brabante e María de Suabia. Deste matrimonio naceron:

A princesa Branca de Artois (1248 - 1302 ), casada en 1269 con Henrique I de Navarra. O príncipe Roberto II de Artois (1250 - 1302), conde de Artois.

A Sétima Cruzada Participou na Sétima Cruzada, dirixida polo seu irmán Lois IX de Francia. Despois de tomar Damieta, o emir Fakhr al-Dihn puido atrasar o avance cruzado en Mansura ata febreiro de 1250. Roberto I de Artois e os templarios conseguen derrotar e matar a Fakhr al-Dihn, pero logo invaden a cidade desordenadamente, e o xefe mameluco, Baibars al-Bunduqdarí, envía un contraataque letal para os cruzados no que o irmán do rei atopa a morte. Véxase tamén

Categoría:Condes de Artois Categoría:Nados en 1206 Categoría:Finados en 1250 Categoría:Mortos en combate