Guillerme II de Dampierre, nado en 1196 e finado o 3 de setembro de 1231, foi señor de Dampierre. Era fillo de Guido II de Dampierre e de Matilde I de Borbón.

Traxectoria O seu irmán, Arquimbaldo VIII, herdou o señorío de Borbón, mentres que Guillerme herdou o de Dampierre.

Ao casar con Margarida II de Flandres, condesa de Flandres e Hainaut tamén será coñecido, no Condado de Flandres, como o rexente "Guillerme I de Dampierre". Tiveron varios fillos:

Guillerme III de Dampierre, conde de Flandres. Guido de Dampierre, conde de Flandres e conde de Namur. Xoana de Dampierre, casada con Hugo III de Rethel e despois con Teobaldo II de Bar, conde de Bar. Xoán I de Dampierre, señor de Dampierre.

Margarida xa estivera casada con anterioridade con Bucardo de Avesnes, señor de Étrœungt e bailío de Hainaut. Para resolver as diferenzas entre os fillos dos dous matrimonios, o rei de Francia Lois XI entregou o condado de Flandres aos Dampierre e o condado de Hainaut aos Avesnes. Véxase tamén Bibliografía Theodore Evergates, The Aristocracy in the County of Champagne, 1100-1300, (University of Pennsylvania Press, 2007). Anne E. Lester, Creating Cistercian Nuns: The Women's Religious Movement and Its Reform in Thirteenth Century Champagne, (Cornell University Press, 2011).

Categoría:Nados en 1196 Categoría:Finados en 1231 Categoría:Casa de Dampierre