Matilde González Rodríguez, nada en Vigo cara a 1878 e finada no mesmo concello o 17 de marzo de 1937, foi unha política galega.

Traxectoria Traballaba de xornaleira. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 ocultou na súa casa de Cabral varios fuxidos, construíndo unha cova. Detida o 15 de marzo de 1937 polo capitán da Garda Civil Francisco González Rodríguez “O Rabioso”, foi asasinada polos franquistas no Cemiterio de Lavadores o 17 de marzo, xunto co seu fillo Alfredo Fernández González e Mercedes Posada González o seu irmán Paulino Posada González e o seu fillo Alfonso Fernández Posada. En febreiro de 1940 foi condenada polo Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas da Coruña á sanción de 1.000 pesetas de multa.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Das casas refuxio: Masacre na Bouciña Himno revolucionario.

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1878 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos