Klaus é un filme español de animación de 2019 escrito e dirixido por Sergio Pablos. Foi rodado en lingua alemá e saami e foi producido por Sergio Pablos Animation Studios e foi distribuído por Netflix. Foi escrito por Pablos xunto con Zach Lewis e Jim Mahoney, e está protagonizado polas voces de Jason Schwartzman, J. K. Simmons, Rashida Jones, Will Sasso, Neda Margrethe Labba, Sergio Pablos, Norm MacDonald e Joan Cusack.
Klaus estreouse o 8 de novembro de 2019 e recibiu valoracións positivas pola súa animación, historia e interpretacións vocais. Gañou 7 Premios Annie, incluíndo o mellor filme de animación, e gañou tamén o BAFTA ó mellor filme animado. O filme foi nomeado ó Óscar ó mellor filme de animación na 92ª edición dos premios, converténdose no primeiro filme de animación de Netflix en ser nomeado a un Óscar. Competiu con J'ai perdu mon corps, How to Train Your Dragon: The Hidden World, Missing Link, perdendo finalmente contra Toy Story 4.
Sinopse Conta unha historia alternativa de Santa Claus que difire do conto histórico de Nicolao de Mira, cunha ambientación ficticia no século XIX. O argumento xira arredor dun carteiro que é enviado a unha illa no norte e que se fai amigo dun xogueteiro (Klaus).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Ficha en AllMovie
Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua saami Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes ambientados no século XIX