José Varela de Limia Menéndez, vizconde de San Alberto, nado en Xixón en agosto de 1874 e finado en Santiago de Compostela o 17 de marzo de 1946,Necrolóxica en El Correo Gallego, 19-3-1946, p. 2. foi un matemático e político galego.
Traxectoria
Fillo de José Varela López de Limia e Cándida Menéndez Jove-Huergo. Estudou a carreira de Ciencias na Universidade de Madrid e rematou a carreira e foi Doutor en Ciencias Exactas. Foi profesor da Universidade de Santiago de Compostela. Membro do Partido Conservador, foi elixido deputado provincial polo distrito de Padrón en 1899.Diario de Pontevedra, 5-10-1899, p. 2. Durante o goberno de Antonio Maura foi gobernador civil de León (1907) e Zamora (1907-1908). En 1910 foi candidato a deputado polo distrito de Muros-Negreira fronte a Eugenio Montero Villegas, que foi o finalmente elixido. En 1911 volveu ser candidato polo mesmo distrito fronte a Anselmo Villar Amigo,El Eco de Galicia, 7-6-1911, p. 1. que foi o finalmente elixido. Foi presidente da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de 1912 a 1919. Foi senador pola Sociedade Económica de Amigos do País de Madrid en 1921, 1922 e 1923. Foi conselleiro do Banco de España. Era dono do pazo Pena do Ouro en Noia.
miniatura|250px|Pazo da Pena do Ouro.
Vida persoal
Casou con Segunda Pais Gutiérrez, filla de Pedro Pais Lapido, e foi pai de María, Pedro, Carmen, Pilar e María Teresa Varela Pais. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Senado
«El claustro de Toxosoutos lo salvó mi abuelo»
Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Gobernadores civís de León
Categoría:Gobernadores civís de Zamora Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Nados en Xixón Categoría:Nados en 1874
Categoría:Finados en 1946