Josèphe Jacquiot, nada o 24 de abril de 1910 en Loches (na rexión, Centro-Val de Loira) e finada o 2 de agosto de 1995 en Villeneuve-Saint-Georges (na Illa de Francia), foi unha numismática e política francesa, membro da Resistencia durante a II guerra mundial."Biographie de Josèphe Jacquiot". Musée Josèphe Jacquiot.Himelfarb, H. (1996). "Josèphe Jacquiot". En Cahiers Saint-Simon. 24. Páxinas 134-135.Dehaye, P. (1993): "Eloge à Josèphe Jacquiot". Musée Josèphe Jacquiot.Chevallier, C. (2018). "Josèphe Jacquiot, première femme maire de Montgeron". En Le Parisien. 19 de abril.
Traxectoria Josèphe era filla de Charles Jacquiot (1879-1938), profesor da Escola de Maxisterio de Loches e posteriormente na de Versalles. Graduouse en estudos superiores de Historia, Arqueoloxía, Xeografía e Historia da Arte, e foi tamén alumna da Escola do Louvre. Logo do falecemento do seu pai en 1938, a familia instalouse na vila de Montgeron, ao sueste de París.
Dedicouse particularmente ao estudo da numismática, materia da que foi profesora na Escola Práctica de Ciencias Económicas e Sociais, na Escola do Louvre e na Monnaie de Paris. A numismática (particularmente o relativo ás medallas e ás fichas comerciais) converteuse no centro de interese de toda a súa carreira profesional, ata se converter nunha autoridade nesta materia, o que a levou, en 1959, a ocupar o posto de conservadora do Gabinete de Moedas e Medallas da Biblioteca Nacional de Francia, en París.
Durante a ocupación de Francia por Alemaña na II guerra mundial, Josèphe uniuse á Resistencia, da que foi unha das figuras locais.
Despois da guerra foi elixida alcaldesa de Montgeron en maio 1945, encabezando unha candidatura centrista, o que a converteu nunha pioneira na ocupación dun cargo político por elección en Francia. Á súa xestión débeselle a creación do instituto de ensino secundario de Montgeron en 1946, o primeiro de carácter mixto e o primeiro dos suburbios de París, así como un centro de protección da maternidade e unha biblioteca municipal. Logo das eleccións municipais de outubro de 1947, a súa lista non puido pasar do terceiro posto, o que lle supuxo ter que deixar a alcaldía da vila.
Josèphe Jacquiot creou tamén a Sociedade de Historia de Montgeron, da que foi a súa primeira presidenta.
Publicacións
Monografías
(1951): Histoire de Paris d'après les médailles de la renaisance au XXe siècle (con Jean Babelon). París. Imprimerie nationale. (1965): Ce que l'Académie roayle des Inscriptions et Médailles a fait pour la Ville de Lyon. París. Bibliothèque nationale. (1968): Médailles et jetons de Louis XIV d'aprè le manuscrit de Londres. 4 volumes. París. Imprimerie nationale.Ver comentario do libro por Marcel Bataillon (en Journal des Savants. 1972. nº 2. Páxinas 142-1952). (1970): La Médaille au temps de Louis XIV (catálogo de exposición). París. Hôtel de la Monaie. (1979): L'Invisible dans la médaille (catálogo de exposición). París. Musée monétaire.
Escolma de artigos
(1972): "La littérature et les médailles". En Cahiers de l'Association Internationale des Études Françaises. 24. Páxinas 201-213. (1973): "Médailles et jetons commémorant la Saint-Barthélemy". En Revue d'Histoire littéraire de la France. Nº 5. Páxinas 784-793. (1974): "Les fables de La Fontaine dans les arts de la gravure et de la sculpture : le perçu, le réel, l'imaginaire". En Cahiers de l'Association Internationale des Études Françaises. 26. Páxinas 159-172. (1976): "L'allégorie aux revers de médailles et de jetons du XVe au XVIIe siècle". En Cahiers de l'Association Internationale des Études Françaises. 28. Páxinas 51-63. (1977): "Y a-t-il eu préméditation de la Saint-Bartélemy? d'après des documents et des médailles". En Bulletin de la Société d'Histoire du Protestantisme Français. Vol. 123. Páxinas 26-42. (1979): "Des traits caractéristiques de l'œuvre de Racine perceptibles dans ses devises de médailles". En Cahiers de l'Association Internationale des Études Françaises. 31. Páxinas 155-167. (1986): "La valeur d'information des médailles frappées en France et à l'Étranger, à l'occasion, ou à la suite de l'Édit de Fontainebleau". En Bulletin de la Société d'Histoire du Protestantisme Français. Vol. 132. Páxinas 63-78. (1989): "Des légendes de médailles et de jetons: empruntées à l'Ancien et au Nouveau Testament de la Renaissance au XVIIIe siècle". En Bulletin de la Société d'Histoire du Protestantisme Français. Vol. 135. Páxinas 391-402.
Museo Josèphe Jacquiot En 1993 fundou o Museo Municipal de Montgeron, que enriqueceu cunha importante doazón persoal e que na súa hora leva o seu nome. O museo xira arredor de catro temáticas principais: a numismática, a exiptoloxía, o Extremo Oriente (salientan as estampas xaponesas dos mellores artistas do período Edo) e a historia local."Musée municipal Josèphe Jacquiot". Ville de Montgeron.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Espazo do Museo Josèphe Jacquiot na web municipal de Montgeron Sitio web do Museo Josèphe Jacquirot Sociedade de Amigos do Museo Municipal Josèphe Jacquiot
Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1995 Categoría:Nados no departamento de Indre e Loira Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Historiadores de Francia Categoría:Arqueólogos de Francia Categoría:Personalidades sen imaxes