O Rally San Froilán de 2019 foi a 41ª edición de dito rally e a sétima proba da tempada 2019 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 26 de outubro de 2019 e o vencedor foi Alberto Meira.

Itinerario Constou de oito treitos que sumaban un total de 91,73 km cronometrados e que discorreron polos concellos lucenses de Outeiro de Rei, Friol, Meira e Pol.

Inscritos Inscribíronse 129 equipos, aínda que coa ausencia de Víctor Senra, que tras proclamarse matematicamente vencedor do campionato no rally anterior decidiu non correr os rallys restantes. Así pois os favoritos para a vitoria eran Alberto Meira e Iago Caamaño, principais rivais de Senra durante a tempada, e Adrián Díaz, vencedor da proba en 2017. Destacaban tamén na lista de inscritos outros pilotos como Luis Vilariño, Tino Iglesias ou o campión do mundo de tríatlon Iván Raña.

Resumo

Comezou liderando o rally Alberto Meira ao marcar o mellor tempo en tres dos catro treitos da mañá, en Outeiro de Rei e Friol, con Iago Caamaño gañando o terceiro treito e quedando de segundo nos demais. A diferenza entre os dous era de case cinco segundos e medio ao remate da sesión matinal. Xa no primeiro treito da tarde, en Meira, a vantaxe de Alberto Meira aumentou a 13 segundos, e no seguinte tramo, a máis dun minuto, despois de que Caamaño sufrise problemas mecánicos, que finalmente o fixeron abandonar a proba. Coa nova situación Meira baixou o ritmo para asegurar a vitoria e Adrián Díaz marcou o mellor tempo nos dous treitos finais, subindo finalmente ao podio en segunda posición, por diante de Alberto Otero.

Coa vitoria neste rally Alberto Meira asegurouse a segunda praza do campionato galego.

Clasificación PosPilotoCopilotoVehículoEquipoTempo1 Alberto Meira José MuradoCitroën DS3 R5Recalvi Team55:26.5472 Adrián Díaz Andrea LamasNissan Micra N5Miño-Lugo57:04.2803 Alberto Otero Jordan VázquezFord Fiesta N5Dona Urraca57:45.4494 Francisco Dorado Roi TorrentePeugeot 208 R5Miño-Lugo58:07.8485 Manuel Sandamil Adrián VarelaSuzuki Swift R+N5A Pontenova59:13.0356 Tino Iglesias Jorge IglesiasFord Fiesta N5Desguaces Tino Racing1h00:18.5417 Daniel Álvarez Adrián VázquezPeugeot 205 RallyeGalicia Motorsport1h00:29.5618 David Rivas José ViéitezCitroën C2RVS Motorsport1h00:30.9839 Óscar Veiga Eloy FernándezSubaru Impreza WRX STIA Pontenova1h02:36.61410 Iván Raña Diego RodríguezMitsubishi Lancer Evo IXPTC Escuela1h02:37.07111 Raúl Martínez Óscar MartínezCitroën C2 GTCongostra Team Sanxenxo1h03:07.68112 Jorge García Carmen BorrajoPeugeot 106 Kit CarT. Martínez Racing1h04:04.79613 Diego Vila Álex AlonsoCitroën Saxo VTSDona Urraca1h04:10.08314 Sergio Otero José Antonio GonzálezPeugeot 206 RCSurco1h04:22.26415 José Manuel Cabezas Luis Miguel PregoPeugeot 106 GTIRVS Motorsport1h04:24.70916 Aitor Pico Manuel FrescoPeugeot 106 GTIScratch Fene1h04:33.32917 Rubén López Damián OutónCitroën C2 GTSarria Motor1h04:51.57218 Albino López Gabriel BermúdezFord Fiesta R2Lalín Deza1h04:53.89619 Adrián Vázquez Cristina PrietoCitroën C2 R2 MaxMeira1h05:09.54120 Pablo Gómez Ramón PisoBMW 318Berberecho1h05:17.57221 Francisco Rodríguez Estefanía LoureiroBMW 320Siroco Narón1h05:18.17122 Miguel Ángel Caeiro Alberto AlonsoPeugeot 106Cuntis V.T.1h05:28.42223 Manuel Trevín Daniel MartínezBMW CompactSenra Sport1h05:36.40224 Fermín Sousa Víctor Manuel GonzálezRenault 5 GT TurboCarracedo Competición1h05:56.29525 Miguel Iglesias Rubén NúñezCitroën SaxoMelide Motorsport1h05:59.57126 José Antonio Otero Christopher TelmoSubaru Impreza WRX STICongostra Team Sanxenxo1h06:06.18627 Pablo Blanco Ian QuintanaPeugeot 106 GTIOurense1h06:31.20328 Adrián Torreiro Iván GómezSuzuki Swift SportA Pontenova1h06:52.59729 Óscar Gallego Mª Teresa LópezSuzuki Swift SportLalín Deza1h06:59.36130 Diego González Diego GarcíaCitroën Saxo VTSMoeche1h07:14.97031 Rubén Puime Ezequiel SalgueiroPeugeot 206 XSPontevedra 1984 Team1h07:21.32632 Ángel Boullón Manuel MíguezPeugeot 106 GTISantiago1h07:38.86133 Pedro Reija Natalia AldeguindePeugeot 306 GTI 16VMiño-Lugo1h07:42.27734 Álvaro Castro Francisco NietoCitroën Saxo VTS 16VSantiago1h07:45.23335 Brais García Adrián FilgueiraCitroën SaxoBerberecho1h07:45.42336 Mario Ríos Rubén CarballoSeat IbizaGalicia Motorsport1h07:48.53237 Daniel Gandoy María SueirasPeugeot 106Siroco Narón1h08:07.11338 Mario Saa Eloy SaaBMW 328iMiño-Lugo1h08:19.05639 Clemente Alves José Luis SuárezPeugeot 206Miño-Lugo1h08:32.62540 Javier Eiras Sergio IglesiasCitroën SaxoBerberecho1h08:43.417

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Clasificación completa do rally Rally San Froilán 2019 en ewrc.com .

Categoría:Rally San Froilán Categoría:Tempada 2019 do Campionato de Galicia de Rally