Manuel Ramón Barros Torres, coñecido como Rancheiro, nado en Meis o 28 de abril de 1881, foi un agrarista e político galego.
Traxectoria Fillo de Eugenio Barros Abal. Emigrou á Arxentina. Ao seu regreso participou no movemento agrarista polo que sufriu represalias do alcalde Salustiano Vidal. Coa proclamación da República, e logo da repetición das eleccións municipais o 31 de maio, foi elixido concelleiro,El Progreso, 2-6-1931, p. 2. e nomeado segundo tenente alcalde na corporación presidida por Ramón Abal Sabarís. Integrouse en La Fraternidad Obrera de Agricultores de Meis.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en xullo de 1937 xunto con Amado Romero López, Benito Güimil Prado, José Vidal Fernández, Vicente Rivas, Camilo Abal López, Avelino Maquieira Rodiño e Nemesio Outeda, acusados de requisar armas para opoñerse ao golpe de Estado.El Ideal Gallego, 11-7-1937, p. 5. Xulgado en Pontevedra en consello de guerra por auxilio á rebelión o 17 de marzo de 1938 con Benito Güimil Prado, José Vidal Fernández, Camilo Abal López e Nemesio Outeda,El Pueblo Gallego, 17-3-1938, p. 7. foi condenado a 12 anos e un día de prisión. Internado no campo de concentración da illa de San Simón. Conmutáronlle a pena a dous anos de prisión menor e pasou a prisión atenuada, extinguindo a pena o 12 de xuño de 1939. Sufriu expediente de responsabilidades políticas en 1939.El Pueblo Gallego, 16-11-1939, p. 1, 5. Nos anos corenta agochou o seu fillo Manuel Barros Chantada para evitar que fose detido.
Vida persoal
Casou con Carmen Chantada e foi pai de Manuel Barros Chantada. Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Concelleiros de Meis Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Meis Categoría:Nados en 1881 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes